Diferenzas entre revisións de «Puberdade»

sen resumo de edición
m
A '''puberdade''' é a primeira fase da [[adolescencia]] e da [[xuventude]]. Normalmente comeza entre os 10 e os 16 anos de idade, e remata ós 19 ou 20 anos.<ref name=OMS>[http://whqlibdoc.who.int/trs/WHO_TRS_731_spa.pdf La salud de los jóvenes: un desafío para la sociedad, 2000, Informe ''Salud para todos en el año 2000'', páx. 12] [[Organización Mundial da Saúde|OMS]]</ref><ref>[http://books.google.es/books?id=kSjjWi3SZlUC&pg=PA239&dq=inicio+pubertad+ni%C3%B1as&hl=es&ei=0v-GTuHdGs7E8QOKzMwr&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDoQ6AEwAg#v=onepage&q=inicio%20pubertad%20ni%C3%B1as&f=false David Reed Shaffer, Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia, 2007, México, páx. 239]</ref> Na puberdade lévase a cabo o proceso de cambios físicos no cal o corpo do [[neno]] ou nena adquire a capacidade da [[reprodución sexual]], ó converterse en [[adolescencia|adolescentes]].<ref>[http://www.fundacionsaludinfantil.org/documentos/C098.pdf ¿Cómo cambiará su cuerpo con la pubertad?, María Luisa Lucas Abad, Pediatra, Alicante, Pediatra]</ref>
 
O [[Desenvolvemento humano (bioloxía)|crecemento]] acelérase na primeira metade da puberdade, e acada o seu desenvolvemento ó final. As diferenzas corporais entre nenos e nenas antes da puberdade son case unicamente os seus [[aparello xenital|xenitais]]. Durante a puberdade percíbense diferenzas máis acusadas en canto a tamaño, forma, composición e desenvolvemento funcional en moitas estruturas e sistemas do corpo. As máis obvias son as [[características sexuais secundarias]]. En senso estrito, o termo «puberdade» refírese ós cambios corporais na maduración sexual máis que ós psicosociais e culturais que comporta.
 
A [[adolescencia]] é o período de transición psicolóxica e social entre a [[infancia]] e a vida adulta. A adolescencia abrangue gran parte do período da puberdade, pero os seus límites están menos definidos, e refírese máis ás características psicosociais e culturais mencionadas anteriormente.
92.778

edicións