Intranet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m Beneficios
Liña 1:
'''Intranet''' é unha [[Rede informática|rede de ordenadores]] privada que utiliza os protocolos [[TCP/IP]]. Pode ter saída a [[Internet]] ou non. No caso de ter saída a [[Internet]], o enderezamento [[IP]] permite que os [[host]] con enderezos IP privados poidan saír a Internet pero impide o acceso dos host internos a Internet. Dentro dunha Intranet pódense configurar todos os servizos típicos de Internet ([[web]], correo, [[mensaxería instantánea]],etc) mediante a instalación dos correspondentes servidores. As intranets son como un internet en miniatura, ou o que é o mesmo, internet é unha intranet pública xigantesca.
 
Algúns dos beneficios do uso dunha '''intranet''' nunha empresa son: a productividade, a mellora da comunicación interna, a optimización dos procesos e a xestión da información corporativa. A mellora da productividade débese a que os empregados poden acceder a todas as ferramentas e información que precisan para realizar de forma eficaz as súas tarefas. Moitas empresas, para optimizar procesos, utilizan intranets para automatizar calquera cousa a partir de procesos sinxelos como avaliacións de empregados a procesos sofisticados como [[CRM]] e xestión de proxectos. A intranet serve como un lugar centralizado para capturar información corporativa importante. As ferramentas como a busca aseguran que os empregados da rede da empresa poidan atopar só a información que precisan para realizar os seus traballos <ref>http://www.hyperoffice.com/blog/2012/07/05/5-benefits-of-an-intranet-back-to-the-basics/</ref>.
{{Informática en progreso}}
 
{{Informática en progreso}}
==Notas==
{{Listaref|2}}
[[Categoría:Redes de computadores]]