Emmeline Pankhurst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Emmeline Pankhurst2.jpg|miniatura|Emmeline Pankhurst|250px]]
'''Emmeline Pankhurst''' ([[4 de xullo]] de [[1858]] – [[14 de xuño]] de [[1928]]) foi unha das fundadoras do movemento [[sufraxio universal|sufraxista]] británico. O seu nome, antes que outro, está vencellado á loita pola liberación da muller no período que precedeu á [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]].
Nada como '''Emmeline Goulden''' en [[Manchester]], [[Inglaterra]]. Filla do [[abolicionista]] Robert Goulden e a [[feminismo|feminista]] Sophia Crane, casaría, en [[1879]], con [[Richard Pankhurst|Richard Marsden Pankhurst]], un avogado de [[Salford]]. Richard Pankhurst era tamén un defensor [[Sufraxio universal|movemento sufraxista]], sendo o autor das ''Married Women's Property Acts'' (Leis de propiedade das mulleres casadas) de [[1870]] e [[1882]].
 
Liña 8:
As tácticas adoptadas por Pankhurst para chamar a atención sobre o movemento, levárana a que fose encarcerada varias veces, mais debido a súa orixe de clase burguesa, non tivo que soportar as mesmas privacións cás sufraxistas pertencentes ás clases traballadoras. Con todo, tivo que ser alimentada á forza máis dunha vez por practicar a [[folga de fame]]. Por outra banda, a súa forma de levar a campaña sufraxista non era ben vista por todos, provocando algunha disensión no movemento. A súa autobiografía "My own Story" (A miña Historia), foi publicada en [[1914]].
 
En setembro de [[1914]] estourou a [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]], mais Emmeline coidou que non debía interferir nos esforzos de guerra do país. Os seus pulos por gañar o voto para a muller foron apartados a un lado, centrándose máis ben en animar a coller os traballos deixados polos homes, que tiveran que ir combater. Con apoio de [[David Lloyd George]], Pankhurst organizou un desfile de 30.000 mulleres, empregando 2.000 libras cedidas polo Goberno, para estimular os empregados a deixar que as mulleres ocupasen os postos da industria. O ''8 de setembro de 1914'', Christabel Pankhurst reapareceu na [[London Opera House]] (Ópera de Londres), logo dun dilatado exilio, para proclamar unha declaración sobre o "Perigo Xermano". Emmeline viaxou polo país, dando arengas a prol do recrutamento. Os seus seguidores colocaban "plumas brancas" a cada mozo que atopaban en traxe civil, e aparecían de súpeto nos mitins de [[Hyde Park]] con pancartas nas que se lía: "Encarcerémolos a todos" ("Intern Them All"). Cómpre ter en conta que a mobilización de soldados era voluntaria no [[Reino Unido]].
 
Caracteristicamente, a Sra. Pankhurst botou toda a súa enerxía e toda a súa influencia no esforzo, que chamaba do alistamento a prol da guerra. Aínda que non todos os militantes pro-sufraxistas se volveron [[belicista]]s, a influencia da Pankhurst convenceu a moitos a seguila. Envorcado todo o seu esforzo na continuación da guerra, chegou a atinxir extremos de furia, cun [[chauvinismo]] raro de ver en calquera outra asociación feminina.<ref>Pankhurst, Sylvia. ''The Suffragette Movement'', p. 593.</ref>