Emmeline Pankhurst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Fundación de organizacións sufraxistas ==
En [[1889]], Pakhurst fundou a ''[[Women's Franchise League]]'' (Liga pola Liberación das Mulleres), pero a súa campaña viuse interrompida polo falecemento do seu esposo no [[1898]]. En [[1903]] fundou a [[Women's Social and Political Union]] (Unión Social e Política de Mulleres), unha organización máis coñecida pola calidade dos seus militantes. Entre os seus membros incluíanse [[Annie Kenney]], [[Emily Wilding Davison]], que foi mortamorreu por un cabalo do rei no Derby de Epsom de [[1913]], como resultado dunha protesta sufraxista, e a compositora [[Dame Ethel Mary Smyth]]. A ela xuntaríanse as súas fillas, [[Christabel Pankhurst]] e [[Sylvia Pankhurst]], que farían contribucións moi valiosas ás súas campañas e de diferentes xeitos. A súa outra filla [[Adela Pankhurst]], emigrou a [[Australia]], onde foi unha activista política, primeiro no [[Partido Comunista de Australia]], e logo no [[Primeiro Movemento Australiano]] (Australia First Movement), de carácter fascista.
[[Ficheiro:Emmeline Pankhurst Memorial.jpg|miniatura|esquerda]]
As tácticas adoptadas por Pankhurst para chamar a atención sobre o movemento, levárana a que fose encarcerada varias veces, mais debido a súa orixe de clase burguesa, non tivo que soportar as mesmas privacións cás sufraxistas pertencentes ás clases traballadoras. Con todo, tivo que ser alimentada á forza máis dunha vez por practicar a [[folga de fame]]. Por outra banda, a súa forma de levar a campaña sufraxista non era ben vista por todos, provocando algunha disensión no movemento. A súa autobiografía "My own Story" (A miña Historia), foi publicada en [[1914]].
 
En setembro de [[1914]] estourou a [[Primeira Guerra Mundial]], mais Emmeline coidou que non debía interferir nos esforzos de guerra do país. Os seus pulos por gañar o voto para a muller foron apartados a un lado, centrándose máis ben en animar a coller os traballos deixados polos homes, que tiveran que ir combater. Con apoio de [[David Lloyd George]], Pankhurst organizou un desfile de 30.000 mulleres, empregando 2.000 libras cedidas polo Goberno, para estimular aosos empregados a deixar que as mulleres ocupasen os postos da industria. O ''8 de setembro de 1914'', Christabel Pankhurst reapareceu na [[London Opera House]] (Ópera de Londres), logo dun dilatado exilio, para proclamar unha declaración sobre o "Perigo Xermano". Emmeline viaxou polo país, dando arengas a prol do recrutamento. Os seus seguidores colocaban "plumas brancas" a cada mozo que atopaban en traxe civil, e aparecían de súpeto nos mitins de [[Hyde Park]] con pancartas nas que se lía: "Encarcerémolos a todos" ("Intern Them All"). Cómpre ter en conta que a mobilización de soldados era voluntaria no [[Reino Unido]].
 
Caracteristicamente, a Sra. Pankhurst botou toda a súa enerxía e toda a súa influencia no esforzo, que chamaba do alistamento a prol da guerra. Aínda que non todos os militantes pro-sufraxistas volvéronsese volveron [[belicista]]s, a influencia da Pankhurst convenceu a moitos a seguila. Envorcado todo o seu esforzo na continuación da guerra, chegou a atinxir extremos de furia, cun [[chauvinismo]] raro de ver en calquera outra asociación feminina.<ref>Pankhurst, Sylvia. ''The Suffragette Movement'', p. 593.</ref>
 
O Goberno británico comezou a preparar o dereito de voto para a muller, a través do que entón era o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda, en marzo de [[1918]]. Mentres a [[Representation of the People Act 1918]] (Lei de representación do pobo, [[1918]]) outorgaba só dereito de voto as mulleres maiores de 30 anos, e ademais con calidades especiais, a diferenza dos homes, os cales podían votar libremente se eran maiores de 21 anos. As sufraxistas non puideron aceptar isto como un gran triunfo. Pero en novembro de 1918, as mulleres maiores de 21 anos acadaron o dereito a ser elixidas para o Parlamento. En [[1928]], por fin, as mulleres obtiveron o mesmo dereito de sufraxio cós homes no [[Reino Unido]].