Diocese de Britonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Localización ==
O territorio da antiga diocese dos [[bretóns]] —Britonia— ocupou principalmente a franxa costeira da [[Mariña de Lugo]] ata a [[comarca da Terra Chá]], chegando a súa influencia ata as costas da [[comarca do Eo-Navia]] polo leste, e de [[Ferrol]] polo oeste. A súa antiga sé, coñecida co nome de ''Mosteiro Máximo'' foi identificado por algúns autores como [[Manuel Díaz y Díaz|Díaz y Díaz]] coa basílica medieval de [[San Martiño de Mondoñedo]], onde se atopan restos do séculos V-VI d.C. Cambiando de sé e nome en varias ocasións, a actual [[Diocese de Mondoñedo|diocese galega de [[Mondoñedo]] é a súa sucesora histórica. Cada ano no mes de agosto a vila de Bretoña celebra o seu pasado coa Festa do [[Lugnasad]], xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.
 
O asentamento desta vaga de emigrantes bretóns e a creación dunha diocese relixiosa propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos [[suevos]].