Norberto Bobbio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe + cat
Isili0n (conversa | contribucións)
*Politólogo > politicólogo.
Liña 1:
[[Ficheiro:NorbertoBobbiofoto.jpg|miniatura|225px|Norberto Bobbio.]]
'''Norberto Bobbio''', nado en [[Turín]] o [[18 de outubro]] de [[1909]] e finado o [[9 de xaneiro]] de [[2004]], foi un [[Dereiro|xurista]], [[Filosofía|filósofo]] e [[Ciencia política|politólogopoliticólogo]] [[italia]]no.
 
== Traxectoria ==
Liña 12:
A obra de '''Bobbio''' caracterizouse pola conxunción de dous valores que para el deben ir xuntos, a [[liberdade]] e a [[xustiza]]. Pódese enmarcar o seu pensamento dentro da corrente denominada liberal-socialista que sostén que son necesarios dereitos sociais fundamentais como educación, traballo e saúde como condición previa para un mellor exercicio da liberdade.
 
Hai dous autores moi influentes na súa obra: o pensador austríaco [[Hans Kelsen|Kelsen]], especialmente na área do Dereito e o autor do ''Leviatán'' [[Thomas Hobbes]], especialmente na área da Teoría Política. Outros intelectuais influentes na súa obra son [[Benedetto Croce]] e [[Max Weber]]. É interesante observar que a través do estudo da obra de Hobbes, Bobbio entrou en contacto co politólogopoliticólogo alemán [[Carl Schmitt]] (quen foi cuestionado pola súa posición achegada ao nazismo) co cal mantivo unha prolongada relación epistolar.
 
Como intelectual enfatiza constantemente “a certeza da dúbida”. É un home aberto ao debate de ideas e considera fundamental a loita polos valores democráticos. A definición de [[democracia]] de Bobbio é bastante básica: “un conxunto de regras (primarias ou fundamentais) que establecen quen está autorizado para tomar as decisións colectivas e baixo qué procedementos”. Esta concepción non está ligada basicamente a un contido e isto é o que por exemplo critica [[Alain Touraine]], posto que para o francés se ben as regras de procedemento son necesarias e incluso indispensables para a existencia da democracia, estas non son máis que un medio ao servizo de fins, e alí é onde se produce a diferenza entre as democracias reais e o ideal de democracia.