Manuel Lugrís Freire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
 
En [[1930]] participou na elaboración do programa do Partido Autonomista Republicano Agrario para a campaña electoral e na constitución da [[Federación Republicana Gallega]]. Neste ano tamén se lle dedicou unha rúa na súa vila natal. En maio do ano seguinte, participou na redacción do ''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'' promovido polo Seminario de Estudos Galegos e en decembro na redacción dos estatutos do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. En [[1932]], xunto con [[Alexandre Bóveda]], redactou o anteproxecto definitivo do Estatuto, por encarga da Asemblea de Municipios de Galicia.
[[Ficheiro:Otero Pedrayo, Manuel Lugrís ... Eladio Rodríguez, Félix Estrada Catoyra ... Risco ... 9-12-1929.jpg|miniatura|300px|Ingreso de [[Ramón Otero Pedrayo|Pedrayo]] na RAG, [[1929]]. Con Lugrís; [[Eladio Rodríguez González|Eladio Rodríguez]]; [[Félix Estrada Catoyra|Estrada Catoyra]]; [[Uxío Carré Aldao|Carré]]; [[Vicente Risco|Risco]]…]]
O [[28 de abril]] de [[1934]] foi nomeado presidente da [[Real Academia Galega]], mais renunciou o [[20 de agosto]] do ano seguinte por problemas de saúde. Pouco antes participara como orador no acto de inauguración do monumento a Manuel Curros Enríquez na Coruña, xunto do presidente da República Española, [[Niceto Alcalá-Zamora]]. Tamén foi nomeado socio de mérito do [[Instituto Histórico do Minho]], de [[Viana do Castelo]].