Diferenzas entre revisións de «Pedro, papa»

m
Non se conta con máis detalles sobre a vida de Pedro cós que recolle no [[Novo Testamento]], excepto por algúns documentos de [[Clemente Romano]] que tratan dos derradeiros anos da súa vida. De acordo coa narración evanxélica, Pedro era un pescador [[Galilea|galileo]] que vivía en [[Cafarnaúm]], oficio que exercía co seu irmán [[André]]; estaba ou estivera casado, posto que a curación da súa sogra se recolle nos evanxeos sinópticos<ref>Novo Testamento. Mateu 8:14-17, Marcos 1:29-31, Lucas 4:38</ref>.
 
Pedro incorporouse ao grupo dos apóstolos ao comezo da predicación de [[Xesús]] en [[Galilea]]. Segundo o testemuño de Xoán<ref>Novo Testamento. [[Evanxeo de Xoán|Xoán]] 1:40-42</ref>, foi o seu irmán [[André Apóstolo|André]] quen o introduciu ao grupo, tras terse contado ambos entre os seguidores de [[Xoán Bautista]]. A narración dos [[evanxeos sinópticos|sinópticos]] contradí esta versión, porén, narrando de que ao ver a ambos recoller as redes, [[Xesús]] convidou os dous irmáns a facerse pescadores de homes<ref>Novo Testamento. Mateu 4:18-22, Marcos 1:16-20, Lucas 5:1-10</ref>.
 
Pedro formou parte do grupo dos [[doce apóstolos]]; case invariablemente, os evanxelistas noméano á cabeza do grupo. Foi un dos tres discípulos íntimos, que, segundo a [[Biblia]], foron testemuñas da transfiguración de Xesús<ref>Novo Testamento. Marcos 9:1</ref>. Tras crer que Xesús era o Mesías agardado<ref>Novo Testamento. Marcos 8:29</ref>, recibiría del a profecía de que sería a base da Igrexa. Niso baséase a tradición católica que fai del bispo de [[Roma]] e cabeza da Igrexa, cargo que Pedro ocupou denantes de morrer.
19.645

edicións