Burato negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
referencia
Liña 2:
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2017}}
[[Ficheiro:BlackHole.jpg|miniatura|Recreación dun burato negro (fonte [[NASA]])]]
Un '''buraco negro''',<ref>{{DRAG|Buraco}} (ver frases e expresións con buraco)</ref> '''furado negro''' ou '''burato negro''' é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (ao viaxar en liña recta, en realidade unha [[xeodésica]], e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de [[radiación]] ou [[materia]] que se achegue demasiado.
 
Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxectos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os [[fotón]]s (Partículas mensaxeiras da [[radiación electromagnética]]) non teñen masa en repouso, senón só enerxía en movemento, véndose afectados pola [[gravidade]] a efectos desta.