Hespérides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 35:
Na constelación de [[Hércules (constelación)|Hércules]], o heroe aparece esmagando o monstro, que está tamén representado na constelación de [[Draco (constelación)|Draco]].
 
O significado de Hespérides xa estaba asociado para os gregos e latinos có do lugar que está ó occidente, ó ocaso, ó poñente<ref>{{DRAG|hespérico}}</ref>, pois xa a raíz grega está relacionada coas palabras ''oeste'' (''west'') ou ''véspera''. Debido a isto, houbo lugares que se denominaron Hespérides simplemente por estar ó occidente e/ou ser frutíferos e paradisíacos: a Península Itálica para os gregos, a Península Ibérica ([[Tartessos]]) para os latinos, ou a illa de [[El Hierro#Antiguidade|El Hierro]]. Outros mitos alternativos identifican o seu xardín con [[Lixus]], onde Hércules derrotaría a [[Anteo]] fundador de [[Tánxer]], ou co lugar do reino de [[Hades]] onde residían os heroes bendicidos, as [[Illas Afortunadas]] ou Illas da Bendición. Tamén se di que formaba parte da pentápole libia xunto con Teucheira, Barca, [[Cirene]] e o seu porto Apolonia. Nótese tamén que unha das illas Hespérides onde vivía [[Xerión]] era Eritia (asociada a [[Cádix]]).
 
Debido a isto, ''hespérico'' se usa en xeoloxía para certas formacións e períodos relacionados coa formación da Península Ibérica.