Diferenzas entre revisións de «Atalanta»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-duas +dúas))
m
Na versión [[arcadia]]na, é filla de [[Iasos]], rei do [[Peloponeso]]. Como Iasos desexaba un home, enfureceuse cando soubo que tivera unha filla e decidiu expor a recén nada no bosque [[Pelión]] para que morrese. Mais, unha osa apiadouse da criatura e protexeuna até que uns pastores a recolleron para criala. Cos anos, Atalanta chegou a ser unha magnífica cazadora e distinguiuse especialmente na cacería do [[xabarín de Calidón]]. Como [[Artemisa]], deusa tamén cazadora, Atalanta fixo voto de virxindade, de modo que polas súas frechas pereceron os [[centauro]]s [[Hileo]] e [[Reco]] que intentaran abusar dela. Foi a única muller que formou parte da expedición dos [[argonauta]]s.
 
Na versión [[beocia]], Atalanta é filla do rei [[Xoeneo]]. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo [[Hipomenes]] disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de [[Afrodita]]. A deusa obséquiao coas tres [[mazá de ouro|mazás de ouro]] que [[Heracles]] roubara no [[xardín das [[Hespérides]]. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da súa opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recén casados cometeron un sacrilexio no templo de [[Démeter]], que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da [[fonte da Cibeles]] en [[Madrid]].
{{Control de autoridades}}
 
19.648

edicións