Deimos (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Arranxiños​
Liña 1:
{{Outros homónimos|Deimos}}
'''Deimos''' ou '''Marte II''' é o satélite máis pequeno de [[Marte (planeta)|Marte]] con 15 km de diámetro.
 
Descuberto o [[12 de agosto]] de [[1877]] polo astrónomo norteamericano [[Asaph Hall]], Deimos é probablemente un asteroide que viu a súa órbita perturbada pola gravidade de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]], de maneira que Marte o capturou, aínda que esta teoría aínda non está totalmente aceptada. Como a maioría dos corpos de tamaño comparable, Deimos posúe unha forma moi irregular, e mide 15x12x10 km.
 
Deimos componse de rocha rica en [[carbono]], moi similar ós asteroides de tipo C (condrita carbonácea), e de xeo. Posúe cráteres, pero a súa superficie é notablemente máis lisa que a de [[Fobos (lúa)|Fobos]], debido ao enchido parcial dos seus cráteres con regolito.