América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m  
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 57:
De acordo coas probas [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]], a ocupación humana de América do Norte comezou durante o [[Plistoceno]], no período [[Era cuaternaria|cuaternario]], fai uns 50.000 anos. Probablemente, pobos mongoloides chegaron ao norte de [[América]] desde [[Asia]] en torno á [[último período glacial|última gran glaciación]], a través dunha lingua de terra que atravesaba a zona que actualmente ocupa o [[Estreito de Bering]], creando unha ponte terrestre, desde onde se empezaron a estender cara ao sur e o leste.<ref>[http://weber.ucsd.edu/~dkjordan/arch/beringia.html Prehistoric Beringia - A Beginner's Guide to the Homeland of the Peoples of the Americas] (en inglés)</ref>
 
Os primeiros habitantes eran pobos do [[Paleolítico]] que vivían da [[cinexética|caza]] e da recolección, e empregaban [[ferramenta]]s non moi diferentes das coñecidas en [[Siberia]]. Máis tarde foron desprazados por outros grupos que posuían ferramentas máis evolucionadas. Crese que estes pobos son os primeiros antepasadosdevanceiros dos pobos [[amerindioPobos indíxenas de América|pobos amerindios]]s, os cales desenvolveron culturas complexas e habitaban o continente na época en que chegaron por primeira vez os [[Europa|europeos]].<ref>[http://www.linguistlist.org/issues/19/19-717.html Linguists demonstrate Siberian-North American link] (en inglés)</ref>
 
[[Groenlandia]] foi a primeira rexión do continente á que chegaron os europeos. De acordo coas [[sagas de islandeses|sagas islandesas]], [[Erik o Roxo]] explorou e colonizou a illa por primeira vez. O primeiro europeo que divisou unha parte da terra firme continental foi probablemente [[Bjarni Herjólfsson]], un comerciante [[Islandia|islandés]] que viu a liña de costa ao redor do ano [[986]].<ref>[http://www.thecanadianencyclopedia.com/en/article/bjarni-herjolfsson/ The Canadian Encyclopedia] (en inglés)</ref> Despois, [[Leif Eriksson]], o fillo de [[Erik o Roxo]], realizou unha viaxe a unha terra que chamou [[Vinland]] ou terra do Viño, e que, talvez, era algún lugar entre [[Labrador]] e [[Nova Inglaterra]] .<ref>[http://www.mnc.net/norway/ericson.htm Leif Ericson - Columbus 'Predecesor by Nearly 500 Years] (en inglés)</ref> Este relato foi verificado en parte grazas ao descubrimento en [[1963]] dun emprazamento de tipo [[viquingo]] en [[L'Anse aux Meadows]] (actual parque nacional histórico declarado [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]] en [[1978]]), preto da punta meridional de [[Terra Nova]]. Determinouse que as ruínas databan do ano [[1000]] aproximadamente.<ref>[Http://whc.unesco.org/en/list/4 UNESCO] (en inglés)</ref>
Liña 74:
O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban aos diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no [[Aztecas|Imperio Azteca]], civilización que caeu ante Cortés en [[1521]]. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos [[tlaxcaltecas]], os cales convertéronse en aliados de [[Hernán Cortés]]. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.<ref>Laura Matthew i Michel R. Oudijk: ''Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica''. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, [[2007]]. ISBN 0-8061-3854-8.</ref>
 
Os [[civilización maia|maias]], outro pobo indíxena que poboaba a [[Península de Iucatán]], non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de [[amerindioPobos indíxenas de América|amerindios]]s de [[México]] e da [[América Central]] foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos [[conquistador]]es, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes deste [[mestizo|mestizaxe]] constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.<ref>David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, [[1993]]. ISBN 0-19-508557-4</ref> [[Hernán Cortés]] chegou á [[Baixa California]] en [[1536]]<ref>[http://www.icorso.com/cola44_2.html Biografía de Hernán Cortés] (en castellà)</ref> as expedicións máis importantes durante a primeira parte do [[século XVI|século {{Versaleta|xvi}}]] foron as de [[Pánfilo de Narváez]] e [[Álvar Núñez Cabeza de Vaca]], os cales exploraron parte de [[Florida]], as costas septentrionais e orientais do [[Golfo de México]], e parte do norte de [[México]] entre [[1528]] e [[1536]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/n/narvaez.shtml Panfilo de Narvaez: Explorer] (en inglés)</ref><ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/devaca.shtml Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer] (en inglés)</ref> [[Hernando de Soto]] chegou o [[río Mississippi]] en [[1541]],<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/d/desoto.shtml Hernando De Soto: Explorer] (en inglés)</ref> i [[Francisco Vázquez de Coronado]] explorou extensas áreas do sueste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre [[1540]] e [[1542]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/c/coronado.shtml Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador] (en inglés)</ref> o asentamento permanente europeo máis antigo en [[Estados Unidos]] é San Agustín ([[Florida]]), o cal foi fundado en [[1565]] polo [[Asturias|asturiano]] [[Pedro Menéndez de Avilés]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/a/aviles.shtml www.enchantedlearning.com] (en inglés)</ref>
 
Antes de [[1600]], os casteláns dominaran os pobos amerindiosindíxenas das illas máis grandes das [[Antillas]], de [[Florida]] e do sur de [[México]]. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola [[Coroa de Castela]] na área de [[México]] agrupáronse no [[vicerreinado de Nova España]]. Logo de consolidar o seu control sobre [[Nova España]], as autoridades castelás avanzarón gradualmente cara ao norte, completaron a [[Conquista do Imperio Azteca|conquista de México]] e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os [[Estados Unidos de América]]. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais [[Texas]] e [[Novo México]] nos Estados Unidos.<ref>Gerhard, Peter. [[2000]]: ''Geografía histórica de la Nueva España, [[1519]] - [[1821]]''. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.</ref>
 
=== A colonización francesa e inglesa ===
Liña 101:
Outros eventos marcaron a historia de América do Norte durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], e ocasionaron que a importancia dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] se incrementase como resultado do crecemento sen precedentes da súa poboación e da explotación da riqueza das súas terras, do aumento do seu territorio, así como a resolución de moitos problemas económicos e políticos internos (como a [[escravitude]]<ref>[http://www.pbs.org/wnet/aaworld/timeline/early_01.html African American World] (en inglés)</ref> e a unidade do novo país) e a súa aparición a finais do [[século XIX]] como [[potencia mundial]].<ref>[http://www.digitalhistory.uh.edu/disp_textbook.cfm?smtID=2&psid=3158 The United States Becomes a World Power] Digital History (en inglés)</ref>
[[Ficheiro:G a custer.jpg|miniatura|150px|[[George Armstrong Custer|Custer]]]]
A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobos [[amerindioPobos indíxenas de América|amerindios]]s, os que se resistían á invasión das súas terras.<ref>[http://www.understandingrace.org/history/society/indian_wars_westward_exp.html Indian Wars and Westward Expansion] (en inglés)</ref>
 
Entre o [[1832]] (cando o xefe [[Pobos indíxenas de América|amerindio]] [[Falcón Negro]] iniciou unha guerra en defensa das terras situadas ao leste do [[río Mississippi]]) e o [[1877]] (cando o [[pobo nez perce]] de [[Oregón]] foi derrotado)<ref>[http://www.mnsu.edu/emuseum/cultural/northamerica/nez_perce.html www.mnsu.edu] (en inglés)</ref> os pobos amerindios das [[Grandes Planicies]], no suroeste, e das [[Montañas Rochosas]] loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixe [[europeo]] cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre os [[síux]] e chegou ao seu punto álxido na [[batalla de Little Bighorn]] ([[25 de xuño]] de [[1876]]) que tivo lugar no territorio da actual [[Montana]]. Nesta batalla unha gran forza de [[síux]] e [[Pobo cheién|cheiéns]] do norte aniquilaron un destacamento do VII Rexemento de Cabalería de Estados Unidos dirixido polo tenente coronel [[George Armstrong Custer]].<ref>[http://www.history.com/topics/native-american-history/wounded-knee The Wounded Knee Massacre] (en inglés)</ref> Ao final, con todo, non só foron os conflitos armados os que dominaron estes pobos, senón a asimilación pola forza e a expropiación das súas terras por medio dos tratados e a [[lei|lexislación]].
 
Ademais da apropiación do [[territorio indio]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], os [[Estados Unidos]] anexionaron outras rexións de América do Norte: [[Alasca]] (adquirida a [[Rusia]] en [[1867]] por 7 millóns de dólares), [[Porto Rico]] (gañado a [[España]] en [[1898]] logo da [[guerra hispano-estadounidense]]), a zona da [[canle de Panamá]] (tomada en [[1903]] e devolta a [[Panamá]] en [[1979]]) e as [[illas Virxes Americanas]] (compradas a [[Dinamarca]] en [[1917]] por 25 millóns de dólares).
Liña 226:
== Poboación ==
[[Ficheiro:Inuit women 1907.jpg|miniatura|150px|Dona [[esquimó]] de [[Alasca]] (circa [[1907]])]]
[[Ficheiro:CurtisIndian.png|esquerda|miniatura|150px|[[Pobos indíxenas de América|Amerindio]] norteamericano (circa [[1890]])]]
América do Norte tivo unha poboación dispersa ata épocas relativamente recentes. Coa importante excepción dos habitantes da zona central de [[México]] (as [[meseta]]s e os [[val]]es que rodean o actual [[Cidade de México]]), os pobos [[indíxena]]s do subcontinente vivían diseminados xeograficamente e posuían unha gran diversidade cultural. Os asentamentos europeos no [[subcontinente]] iniciaron un cambio case total na súa xeografía humana, xa que os [[europeo]]s minguaron e desprazaron aos pobos indíxenas, a forma de vida destes sufriu grandes alteracións. A maioría da poboación actual de América do Norte é de ascendencia europea, pero tamén engloba outros grupos significativos tales como mestizos e negros así como existen importantes minorías de amerindios e de persoas provenientes de Asia.