George Martin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 29:
En recoñecemento dos seus servizos á industria musical e á [[cultura popular]], foi nomeado [[Knight Bachelor|Cabaleiro do Reino]] en 1996.
== Traxectoria ==
Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], para a [[Royal Air Force]], onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En [[1947]], cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na [[Guildhall School of Music and Drama]] piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.
 
Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica [[EMI]] en [[Inglaterra]], a [[Parlophone]]. Esta subdivisión encargábase da distribución de [[música clásica]] e gravacións cómicas (destacando sátiras a [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] do actor [[Peter Ustinov]]) e estaba a piques de ser pechada cando [[Brian Epstein]], representante dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre [[1961]] e [[1962]] (a compañía discográfica [[Decca Records|Decca]] rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "[[Love Me Do]]", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.