Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 170:
[[Ficheiro:Mississippi_River_mod.png|miniatura|dereita|250px|Mapa do curso inferior do río Mississippi.]]
[[Ficheiro:Cypresses.jpg|miniatura|esquerda|220px|[[Pantano]] e bosque de [[Taxodium distichum|ciprés calvo]] no sur de [[Luisiana]].]]
O curso inferior (''Lower Mississippi River'') discorre ao sur da confluencia co río Missouri. O Mississippi continúa a súa traxectoria cara ao sueste e posteriormente cara ao sur logo da confluencia co Arcansas. A [[chaira aluvial]] caracterízase por numerosos [[meandro]]s cargados de [[barro]] que multiplican por tres a lonxitude do curso.<ref name="EncyUniv"/> Trátase dun sector relativamente ancho, de pendente suave cara ao [[golfo de México]], dominado por terrazas[[socalco]]s aluviais pouco elevadas. As altitudes son pouco considerables, en xeral unhas decenas de metros por encima do nivel medio do mar. Á parte dos sectores rozados, subsisten as grandes zonas de pantano e de bosques. Tamén atopamos numerosos lagos de ferradura e meandros de gran amplitude. No sur de Cairo, a chaira aluvial ensánchase e faise menos profunda por mor da erosión dos leitos terciarios chamados ''bluffs''.<ref name="EncyUniv"/> No baixo Mississippi, numerosos afluentes discorren paralelamente ao río ao longo dunha distancia bastante grande, antes de desembocar finalmente no río. O sur do Mississippi está sometido a un [[clima tropical]] marcado polos [[ciclón]]s a finais do verán e principios de outono. A xeada invernal evita xeralmente esta rexión. A paisaxe caracterízase por zonas húmidas e pantanosas, a miúdo insalubres, no [[Delta fluvial|delta]] do Mississippi e o [[baiou]]: trátase de brazos e de meandros abandonados polo río e que forman longas vías de auga estancada e constitúen unha rede navegable de varios milleiros de quilómetros.
 
==== Delta ====