Milla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''milla''' é unha unidade de lonxitude que non forma parte do [[sistema métrico decimal]]. De orixe moi antiga, foi herdada da [[Imperio romano|Antiga Roma]] e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en [[latín]]: ''mille passus'', plural: ''milia passuum''). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1.467 [[Metro|m]], e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.
 
Antes de establecerse o [[Sistema métrico]] a milla foi unha das principais medidas de distancia en todo o mundo occidental, aínda que o seu valor variaba dun país a outro. Coa introdución do sistema métrico, os países latinos e outros moitos comezaron a usar o [[Metro|metro]] e os seus múltiplos para medir as distancias terrestres, e actualmente utilízase en todo o mundo, excepto nos países anglosaxóns e os do seu ámbito de influencia, onde aínda utilizan a milla.