Diferenzas entre revisións de «Testa (botánica)»

m
Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m (→‎Bibliografía: Arranxos varios + Cda)
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)
 
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Testa (homónimos)}}
En [[Botánica]], a '''testa''' é a máis externa das dúas camadas que constitúen o [[episperma]] ou tegumento que arrodea a [[semente]] das [[plantas]] [[espermatófita]]s. A camada máis interna denomínase [[tegme (botánica)|tegme]]. A testa deriva dun dos tegumentos do [[óvulo (Botánica)|óvulo]]: a [[primina]]. A testa é usualmente de consistencia dura e resistente. A súa función é a de protexer a semente da contorna. Algunhas semenetes forman proxeccións da testa que favorecen a absorción de auga no intre da [[xerminación]] ou que actúan coma protección suplementaria. En case todas as sementes, o [[micrópilo]] a través do cal penetrara o [[tubo polínico]] no óvulo, persiste en forma dun pequeno buraco da testa. Nas [[anxiospermas]], un [[funículo]] une a semente á placenta polo interior da parede do [[froito]]. Ao retirar a semente fica unha cicatriz miúda ou [[fío]] que sinala o punto de inserción do funículo.<ref>Botánica. [http://www.botanica.cnba.uba.ar/Trabprac/Tp4/Embrionysemilla.html El embrión y la semilla]. Consultado el 9 de julio de 2010.</ref>
Nalgunhas [[ximnospermas]], coma o ''[[Ginkgo]]'' e os ''[[Cycas]]'', a testa das sementes presenta unha consistencia mol e carnosa e se denomina «sarcotesta», e , envolvendo o [[endosperma]] co [[embrión]], a máis interna chamada «sclerotesta». A sarcotesta pode estar vascularizada e presentar óleos ou botar cheiros a [[ácido butírico]], coma no caso do ''[[Ginkgo biloba]]''.
393.002

edicións