Loita canaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios +cda
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Loita (homónimos)}}
[[Ficheiro:LuchaCanaria.jpg|250px|thumb|Loita canaria]]
A '''loita canaria''' é un [[deporte]] de [[loita]] tradicional orixinario das [[Illas Canarias]] ([[España]]).
 
== Descrición ==
Caracterízase pola habilidade para aproveitar a forza do contrario e por non buscar ferilo, senón desequilibralo ata facerlle tocar o chan con calquera parte do seu corpo que non sexan as plantas dos seus pés. Para crebar a estabilidade do rival non se permite a loita no chan, como ocorre con outras modalidades, nin ningunha clase de chaves ou estrangulamentos.
 
Liña 20:
* '''Época institucional''': Nos anos 40 do [[século XX]] comézase a regulamentar o deporte e créanse as primeiras federacións provinciais, ao principio dependentes da Federación Española de Loita e xa en [[1984]] creouse a actual federación, que esta dividida en insular ou rexional en Canarias.
 
== Mañas ==
[[Ficheiro:Lucha Canaria 001.jpg|thumb|180px|Un loitador derrubando a outro.]]
En loita canaria, unha maña é un movemento ou conxunto de movementos co único fin de derrubar ao contrario sen golpealo. Para iso poden utilizarse tanto pernas, brazos e movementos do corpo sempre que respecten as regras establecidas. Podemos dividir as mañas en tres grupos:
 
=== Mañas de agarre ===
Son aquelas que consisten en aferrarse a algunha parte do corpo do contrario para tratar de derrubalo levantándoo e facendo que perda o equilibrio. Exemplos destas mañas son: ''collida de coxa'', ''collida de nocello'', ''collida de curva'', ''cucharón'', ''sacón'' (''de aire'', ''de camisa'' e ''de sobaco'') e a cadeira.
 
=== Mañas de bloqueo ===
Son aquelas que consisten en bloquear o movemento dalgunha parte do corpo do contrario, tanto cos brazos como coas pernas, para desestabilizalo e levalo á area sen chegar ao estrangulamento ou luxación. Algúns exemplos son toque por dentro, toque para atrás, toque por fóra, garabato, tropezóns, pardelera ou burricana.
 
=== Mañas de desvío ===
Son aquelas que consisten en mover o corpo para desviar a acción do contrario e coa propia forza do mesmo desestabilizalo. Algúns exemplos son desvío, tronchada, toque por dentro, baleiro ou can.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.coinarte.com/ Sitio oficial do Comité Insular de Árbitros de Loita Canaria de Tenerife.] {{es}}
* [http://www.rincondelucha.com/ Sitio oficial do Rincón de la Lucha Canaria, xornal dixital de Loita Canaria] {{es}}
* [http://www.adargoma.com/ Sitio oficial do Club de Luchadores Adargoma San José, decano de Canarias] {{es}}
* [http://www.federaciondeluchacanaria.com/ Sitio oficial da Federación de Loita Canaria] {{es}}
* [http://www.guanche.org/ (www.guanche.org) Sitio oficial de Guanche, con múltiples apartados e galería con miles de fotos.]
 
{{Control de autoridades}}