Diferenzas entre revisións de «Inocencio IV, papa»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
{{Sen referencias|data=xuño de 2017}}
[[Ficheiro:CInnocent oIV a- AdrianoCouncil Vof Lyon - 002r detail.svgjpg|200px|120pxminiatura]]
[[Ficheiro:C o a Adriano V.svg|miniatura|120px]]
'''Inocencio IV''' (nado en [[Xénova]] cara o [[1185]] e falecido en [[Nápoles]] o [[7 de decembro]] de [[1254]]) foi o [[Papa]] nº 180 da [[Igrexa Católica]].
 
 
Con ocasión da celebración do [[conclave]] para elixilo Papa, [[Federico II]] controlaba os arredores de Roma, sendo ''de facto'' quen dominaba os [[Estados Pontificios]]. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elixido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por [[Gregorio IX]] e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.
 
[[Ficheiro:Innocent IV - Council of Lyon - 002r detail.jpg|esquerda|200px|miniatura]]
Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituíanse á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de [[Francia]], sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en [[Lión]] co apoio dos [[Xénova|xenoveses]]. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o [[Concilio de Lión I]] pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do [[concilio]] contra o emperador e terminou por [[excomuñón|excomungalo]] o 17 de xullo por non organizar unha nova [[cruzada]], e ditou a bula ''Agni sponsa nobilis'' para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de [[Henrique Raspe]] e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a vitoria as tropas papais o [[26 de maio]] de [[1249]].