Diferenzas entre revisións de «Xunta de Galicia (homónimos)»

m
Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
m (→‎top: Arranxos varios)
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética)
{{homónimos}}
{{outroshomónimosOutros homónimos|Xunta (homónimos)|Xunta}}
'''Xunta de Galicia''' é o nome de varias estruturas nas que se organizou o poder político en [[Galicia]] ao longo da súa historia:
 
* '''[[Xunta do Reino de Galicia]]''', institución creada en [[1528]], que foi a representación do [[Reino de Galicia]] cando este formaba parte da [[Coroa de Castela]], e que perdurou, con algunhas interrupcións, até a reforma liberal do Estado, en [[1833]]. Era un organismo colectivo formado polos deputados das 7 cidades ou ''provincias'' ([[Santiago de Compostela|Santiago]], [[Betanzos]], [[A Coruña]], [[Lugo]], [[Mondoñedo]], [[Ourense]] e [[Tui]]) que se reunían para trataren asuntos relacionados co conxunto do Reino.<br> A súa orixe non está clara, e hoxe en día acéptase que hai unha relación directa entre a Xunta e as reunións da [[Santa Irmandade]], das que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes das principais cidades para resolver as cuestións relativas ao repartimento de tributos e ás levas militares.
* '''[[Xunta Suprema do Reino de Galicia]]''' ou '''Xunta Suprema de Galicia''', goberno realmente soberano de Galicia durante o ano [[1808]], ao comezo da [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]], cando Galicia era o único territorio do Reino de España libre (aínda) da presenza do exército francés, e que foi creada para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da ''Xunta Central Española''.
* '''[[Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia|Xunta Superior de Galicia]]''', creada en decembro de [[1809]] en canto saíron de Galicia os franceses e se lle encargou, pola ''Xunta Central'' ao Capitán Xeneral de Galicia que recuperara o poder que tradicionalmente exercera. Nalgunhas atribucións foi a sucesora da ''Xunta Suprema'' (que desapareceu en decembro de 1808), pero sen nigún poder político, sendo máis ben unha delegación da ''Xunta Central'' no país.
* '''[[Xunta Superior de Galicia (1836)|Xunta Superior de Galicia]]''', xunta que, en [[1836]], constituíron os carlistas galegos na [[Coruña]], ao comezo da [[Guerras Carlistas|primeira guerra carlista]].
* '''[[Xunta Central de Galicia]]''', constituída en [[1843]] (pouco despois da supresión da Xunta do Reino de Galicia) e presidida por [[Xosé Maria Suances]], oposta á rexencia de [[Baldomero Espartero]].
* '''[[Xunta Superior de Goberno de Galicia]]''', organizada no curso da [[Revolución galega de 1846]] impulsada por [[Miguel Solís]] e fundada en Santiago baixo a presidencia de [[Pío Rodríguez Terrazo]] e da que era secretario [[Antolín Faraldo]]; remataría co fusilamento dos [[Mártires de Carral]] (Solís incluído).
* '''[[Xunta de Galicia]]''', órgano do poder executivo de Galicia desde [[1978]], ao abeiro da [[Constitución española de 1978]] e do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981]], actualmente vixentes.
393.002

edicións