Xofre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *Nóbel
Liña 73:
Este [[non-metal]] insípido e inodoro ten unha coloración amarela, mol, fráxil, leve, e desprende un cheiro característico de ovo podre ao mesturarse co [[hidróxeno]]. Arde con chama azulada, formando dióxido de xofre. É insolúbel en [[auga]], porén disólvese en [[disulfito de carbono]]. É multivalente e presenta como [[estado de oxidación|estados de oxidación]] máis comúns os valores -2, +2, +4 e +6. Encóntrase en grandes cantidades na forma de sulfitos ([[pirita]], [[galena]]) e de sulfatos ([[xeso]]). Na forma nativa é encontrado xunto a fontes termais, zonas volcánicas e en minas de [[cinabrio]], [[galena]], [[esfalerita]] e [[estibina]]. É extraido polo proceso [[Herman Frasch|Frasch]], que consiste en inxectar vapor de auga superenriquecido para fundir o xofre, que posteriormente é bombeado para o exterior utilizándose ar comprimido. Tamén está presente, en pequenas cantidades, en [[combustíbel fósil|combustíbeis fósiles]] como [[carbón]] e [[petróleo]], cuxa combustión produce dióxido de xofre, que combinado con auga dá como resultado a [[chuvia ácida]].
 
A coloración variada de [[Ío (lúa)|Ío]], a lúa volcánica de [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] débese á presenza de diferentes formas de xofre en estado líquido, sólido e gasoso. O xofre tamén é encontrado en varios tipos de [[meteorito]]s e considérase que a mancha escura que se observa próxima ao cráter [[lúa|lunar]] [[Aristarco (cráter)|Aristarco]] deba ser un depósito de xofre.
 
En todos os estados -[[sólido]], [[líquido]] e [[gas]]oso- presenta formas alotrópicas cuxas relacións non son completamente coñecidas. As estruturas cristalinas máis comúns son o octaedro ortorrómbico (xofre α) e o prisma monoclínico (xofre β), sendo a temperatura de transición de 96&nbsp;°C. En ambos os dous casos o xofre encóntrase formando [[molécula]]s S<sub>8</sub> na forma de anel. As diferentes disposicións destas moléculas producen as diferentes estruturas cristalinas. Á temperatura ambiente, a transformación de xofre monoclínico en ortorrómbico, máis estábel, é moi lenta.