Diferenzas entre revisións de «Museo de Arte de Filadelfia»

Fai uns anos, o Museo de Arte de Filadelfia alcanzou un acordo coas autoridades alemás para devolver cinco pezas de armadura roubadas de [[Dresde]] durante a [[segunda guerra mundial]]. En 1953, o coleccionista von Kienbusch comprou a armadura sen sospeitas. Foi doada ao Museo de Arte en 1976. Kienbusch publicou catálogos das súas coleccións, o que co tempo levou ás autoridades de Dresde a expor a cuestión ao Museo de Arte.
 
==Relación cacoa cidade==
[[Image:PhilMusStatue.jpg|thumb|right|Estatua de Rocky Balboa, co museo na parte posterior, fotografía de [[26 de setembro]] de [[2006]].]]
Xunto á súa arquitectura e coleccións, este museo é moi coñecido polo papel que tivo nunha famosa escena da película ''Rocky'', e en catro das súas secuelas, ''Rocky II'', ''Rocky III'', ''Rocky V'' e ''Rocky Balboa''. Os visitantes do museo adoitan imitar a famosa carreira de Rocky polas escaleiras da fachada, hoxe coñecidas localmente como "Rocky Steps" (os chanzos de Rocky).
2.080

edicións