América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 103:
A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobos [[amerindio]]s, os que se resistían á invasión das súas terras.<ref>[http://www.understandingrace.org/history/society/indian_wars_westward_exp.html Indian Wars and Westward Expansion] (en inglés)</ref>
 
Entre o [[1832]] (cando o xefe [[amerindio]] [[Falcón Negro]] iniciou unha guerra en defensa das terras situadas ao leste do [[río Mississippi]]) e o [[1877]] (cando a triboo [[Nezpobo nez Percéperce]] de [[Oregón]] foi derrotadaderrotado)<ref>[http://www.mnsu.edu/emuseum/cultural/northamerica/nez_perce.html www.mnsu.edu] (en inglés)</ref> os pobos amerindios das [[Grandes Planicies]], no suroeste, e das [[Montañas Rochosas]] loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixe [[europeo]] cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre os [[síux]] e chegou ao seu punto álxido na [[batalla de Little Bighorn]] ([[25 de xuño]] de [[1876]]) que tivo lugar no territorio da actual [[Montana]]. Nesta batalla unha gran forza de [[síux]] e [[Pobo cheién|cheiéns]] do norte aniquilaron un destacamento do VII Rexemento de Cabalería de Estados Unidos dirixido polo tenente coronel [[George Armstrong Custer]].<ref>[http://www.history.com/topics/native-american-history/wounded-knee The Wounded Knee Massacre] (en inglés)</ref> Ao final, con todo, non só foron os conflitos armados os que dominaron estes pobos, senón a asimilación pola forza e a expropiación das súas terras por medio dos tratados e a [[lei|lexislación]].
 
Ademais da apropiación do [[territorio indio]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], os [[Estados Unidos]] anexionaron outras rexións de América do Norte: [[Alasca]] (adquirida a [[Rusia]] en [[1867]] por 7 millóns de dólares), [[Porto Rico]] (gañado a [[España]] en [[1898]] logo da [[guerra hispano-estadounidense]]), a zona da [[canle de Panamá]] (tomada en [[1903]] e devolta a [[Panamá]] en [[1979]]) e as [[illas Virxes Americanas]] (compradas a [[Dinamarca]] en [[1917]] por 25 millóns de dólares).