Os Baños, Caldelas de Tui, Tui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios +cda
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Baños}}
{{Lugar
|nome = Os Baños
Liña 11:
'''Os Baños''' é un lugar da parroquia de [[Caldelas de Tui]], no concello pontevedrés de [[Tui]], na [[comarca do Baixo Miño]]. Tiña 284 habitantes no ano [[2009]], segundo o padrón municipal do [[Instituto Nacional de Estatística]], dos que 132 eran homes e 152 mulleres, o que representa unha variación dun 1,4 por cento respecto ao ano [[2000]].
 
== Aspectos de interese ==
Os Baños é o lugar máis relevante e con máis habitantes de Caldelas de Tui, e nel sitúanse varios dos elementos máis importantes da parroquia, como as augas termais<ref>Véxase no artigo dedicado á parroquia</ref>, a [[Estación de Caldelas de Tui|estación do tren]], o Gran Hotel Balneario, a vella escola unitaria, O Pelouro co seu recoñecido proxecto pedagóxico, o torreiro (denominación habitual na comarca para os campos da festa) e a capela do Carme.
 
O barrio medrou grazas a dous elementos, a estación do tren, erixida a finais do [[século XIX]], e a sona das súas augas termais, que foron o motivo de que se erixise o Gran Hotel, no mesmo século. Ao seu redor floreceu o [[sector servizos]], principalmente a [[Hotel|hostalería]], a [[restaurante|restauración]] e o pequeno [[comercio]].
 
=== Hotel balneario ===
Situado fisicamente a medio camiño entre a estación do tren e o balneario en si, o hotel foi promovido en [[1889]] por [[Antonio Oliver Rubio]], quen chegara a xeneral do [[exército]] nos tempos de [[Afonso XIII]], e que tamén era propietario dos baños (nome co que se coñecen as augas termais).
 
Liña 23:
Esta situación mantívose ata a [[Guerra Civil]]. Daquela comezou un declive que se mantivo ata bastante avanzado o século XX e hoxe vive mellores tempos<ref>Como curiosidade, foi un dos escenarios do filme ''Hotel Danubio'' de [[José Luis Garci]].</ref>.
 
=== O Pelouro ===
O Pelouro é unha experiencia educativa posta en marcha en [[1973]] por [[Teresa Ubeira Santoro]] e [[Juan Rodríguez de Llauder Riesco]]. En 1988 foi declarado pola Xunta "centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración"<ref>Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto</ref>.
 
É un proxecto de integración de pequenos normais e outros con discapacidades que ten sido recoñecido con diversos premios e en numerosas investigacións. O seu obxectivo é, segundo contan os responsables, "propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e trastornos xerais do desenvolvemento"<ref>[http://www.opelouro.org/drupal/sites/default/files/sito/texto%20pedagoxia.pdf Texto de presentación, na páxina web do centro.]</ref>.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Caldelas de Tui ===
{{Lp Caldelas de Tui}}
=== Parroquias de Tui ===
{{Tui}}
 
== Notas ==
<references />
 
Liña 42:
 
{{ORDENAR:Banos}}
 
[[Categoría:Lugares de Tui]]