Misa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencia
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
 
Liña 1:
{{Sen referencias|data=maio de 2015}}
{{outroshomónimosOutros homónimos|Misa (homónimos)}}
[[Ficheiro:Ecce Mass, Good Friday, Our Lady of Lourdes, Philadelphia.jpg|miniatura|dereita|220px|Misa no momento da [[comuñón]].]]
A '''misa'''<ref>{{DRAG|misa}}</ref> é un rito [[cristianismo|cristián]] onde se combinan a oración, o [[Sacramento (relixión)|sacramento]] da [[Eucaristía]] e a predicación.
 
== Orixe ==
A orixe do substantivo "misa" é o vocábulo [[lingua latina|latino]] "mittere" (enviar) e provén da fórmula coa que acaba a celebración do rito en latín: "Ite missa est". O sentido desta frase encerra certa polémica. O significado orixinal de "mittere" é "enviar" pero algunhas fontes sosteñen que neste caso significa "despedida". O lexicógrafo [[Du Cange]], na súa obra ''[[Glossarium latinitatis]]'' mantén que, ou ben se debe sobreentender unha "congregatio fidelium" ("Marchádevos, queda disolta (a congregación dos fieis)"), ou ben se transformou "missa" en [[substantivo]] en latín serodio, e adquiriu o significado de despedida.
 
Liña 12:
Os contidos da misa e a súa estrutura varía conforme os distintos [[liturxia|ritos litúrxicos]]. Segundo a forma ordinaria do [[rito romano]], é dicir, católico, a misa componse de catro partes: os ritos de entrada, a liturxia da Palabra, a liturxia da Eucaristía e os ritos de despedida.
 
=== Ritos de entrada ===
Son todos aqueles pasos que introducen os fieis na celebración. Estes ritos iniciais, que preceden a liturxia da Palabra, inclúen o canto de entrada, o saúdo inicial, o acto penitencial, o "[[Señor, ten piedade]]", o [[Gloria]] e a oración colecta. Teñen un carácter de exordio, preparación e introdución. Nalgunhas celebracións que se unen coa Misa, os ritos iniciais omítense ou realízanse dun modo peculiar.