Atlas (vértebra): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios +cda
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
 
Liña 1:
{{outroshomónimosOutros homónimos|Atlas}}
{{Caixadeóso |
Nome = Atlas (vértebra) |
Liña 19:
O '''atlas''' é a primeira [[vértebra]] cervical (C1) que se artella coa cabeza. Estruturalmente presenta moitas diferenzas co resto de vértebras cervicais, sendo que carece de corpo vertebral o seu trazo máis distintivo.
 
== Estrutura ==
A diferenza do resto das vértebras cervicais, presenta:
* '''Masas laterais''': son dúas estruturas cúbicas, polo tanto con seis caras. Cada masa lateral artéllase por riba cun cóndilo occipal do cranio e por debaixo coa apófise articular superior da vértebra C1 ( o axe). Por diante continúanse co arco anterior. Por detrás continúanse co arco posterior. As caras internas presentan unha superficie irregular onde se insire o '''ligamento transverso do atlas''', que divide o espazo entre os dous arcos nun anterior e outro posterior. As caras externas son ceibes. As superficies superiores, que teñen forma de feixón e son cóncavas, presentan dúas cavidades, que se articulan coa '''concha do [[occipital]]'''. É unha dobre articulación con movementos de flexión e extensión. As superficies inferiores, que son case circulares e planas, articúlanse coa segunda vértebra cervical ([[axe]]), establecendo unha '''artrodia''' con pequenos deslizamentos.
* '''Arco anterior''': vai de masa lateral a masa lateral por diante. O bordo anterior presenta o '''tubérculo anterior'''. O bordo posterior presenta unha superficie articular para a '''apófise odontoide do axe'''. Forma parte da articulación anterior atloidoodontoide. É unha articulación trocoide, con movementos de rotación.
* '''Arco posterior''': vai de masa lateral a masa lateral por detrás. Na parte máis próxima ás masas laterais hai un suco para a [[arteria vertebral]], unha de cada lado. Ascenden ó endocranio e forman o [[tronco basilar]]. No bordo posterior do arco hai outro tubérculo, o posterior.
* '''Espazo anterior''': queda delimitado polo bordo posterior do arco anterior e a parte anterior do ligamento transverso do atlas. Estará ocupado pola apófise odontoide do axe.
* '''Espazo posterior''': queda delimitado polo bordo posterior do ligamento transverso do axe e polo bordo anterior do arco posterior. Estará ocupado pola [[medula espiñal]] e demais elementos adxacentes.
 
== Articulación occipitoatloide ==
É a articulación que artella o atlas co [[occipital]]. A articulación establecerase entre as superficies superiores das masas laterais e os cóndilos occipitais. Funcionalmente é unha bicondílea, con movementos de flexión-extensión do pescozo.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lista de ósos no esqueleto humano]]