Altar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 2:
:''Para o artigo sobre o lugar, véxase [[Altar, San Cosme de Barreiros, Barreiros]]''
 
{{outroshomónimosOutros homónimos|Ara}}
 
[[Ficheiro:Santiago-Pazo de San Lourenzo GDFL3.jpg|miniatura|dereita|350px|Altar da capela do [[pazo de San Lourenzo]] en [[Santiago de Compostela]].]]
Liña 8:
Un '''altar''' (do latín ''altar'', derivado de '''altum''') é un montículo, pedra ou construción consagrado ao [[culto]] ou á devoción. O altar era, na [[Idade Antiga|Antigüidade]], ben un lugar elevado (na súa orixe simples montículos de terra ou pedras), ou unha táboa colocada sobre unhas gradas, no que se depositaban algunhas ofrendas e/ou se celebraban os sacrificios (cruentos ou non), á divindade.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Ara_hispanorromana_de_Zaparín,_Cortegada,_Ourense.jpg|thumb|Ara romana de [[Zaparín, Cortegada]], Ourense.]]
 
Liña 26:
Un altar pódese dedicar a un deus, un santo ou personaxe relevante dunha crenza ou a unha persoa.
 
== Altares católicos ==
[[Ficheiro:Bernini Baldachino.jpg|miniatura|esquerda|250px|Altar maior de [[Basílica de San Pedro|San Pedro]] de [[Roma]], en posición central e baixo o afamado [[Baldaquino]] de [[Bernini]]. ]]
A [[Igrexa Católica]] adoptounos desde a súa orixe para a celebración da misa pero ata o [[século III]] debeu servirse de mesas comúns de madeira (aínda que non exclusivamente), segundo afirman os historiadores e se infire das dúas que se din foron utilizadas por San [[Pedro, papa|Pedro]] en [[Roma]]. Chegado devandito século, se non antes e sen abandonar do todo os usos orixinais, constituíuse o altar co [[sepulcro]] dalgún [[mártir]] colocando encima del unha gran [[lápida]] a modo de mesa.
Liña 32:
Nas [[catacumba]]s de [[Roma Antiga|Roma]] áchanse indicios de catro formas de altares:
 
* os ''portátiles'' ou movibles, a modo de trípode ou de mesa.
* os ''fixos'' e illados, que se compoñen dunha lápida sobre un pé dereito no medio dun cubículum.
* os ''acaroados'' a modo de [[sarcófago]] aplicado a un muro.
* os ''arcosolios'' ou sepulcros de mártires insignes cuxa tapa servía de mesa, baixo un arco ou bovedilla nun nicho decorado.
 
Desde a paz constantiniana, construíronse altares de maiores dimensións que os movibles e acaroados, dándolles a forma de mesa rectangular sostida por unha columna central ou por catro nos extremos e colocándoos no medio da [[ábsida]] ou presbiterio das [[basílica]]s, sempre sobre algún sepulcro de mártir, ata que no [[século VII]] empezou a encerrarse neles só algunhas [[reliquia]]s de diferentes mártires, como hoxe é costume. Con algunha frecuencia aproveitábanse as mesmas aras que pertenceron aos xentís, poñéndoas como sostén dos altares cristiáns, segundo o demostran algúns exemplares que hoxe existen.
Liña 41:
Durante a [[Idade Media]] seguiu o altar coas mesmas formas descritas, xa sexa prismática, xa imitando un sepulcro xa de mesa cunha ou máis columniñas e case sempre labrados en pedra, polo menos, desde o [[século IV]]. Desde o seguinte, fixéronse raras as [[cripta]]s debaixo do altar e entón colocábanse reliquias nunha pequena cavidade aberta no soporte central da mesa ou nesta mesma, envolvéndoas antes nun lenzo fino e encerrándoas nunha botelliña de vidro ou caixa de madeira, selada polo [[bispo]] consagrante do altar.
 
=== Altar maior ===
A liturxia católica permite celebrar misas en cada unha das [[capela]]s dunha igrexa, cada unha co seu propio altar, polo que o principal recibe o nome de [[altar maior]].
 
O altar maior de cada igrexa continuou situado na [[ábsida]] principal ou cabeceira e en posición illada. Pero ao adoptarse os [[retablo]]s na época [[románica]] e sobre todo, ao tomar estes gran desenvolvemento nos séculos [[século XIV|XIV]] e seguintes, tívose que arrimar ao altar na maioría das igrexas, deixando de estar accesible por todos os lados.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|:Category:Altars}}
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}