Ilustración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Modelo
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{Historia da filosofía occidental}}
{{1000}}
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Ilustración (homónimos)}}
[[Ficheiro:Allan Ramsay 003.jpg|miniatura|Rousseau]]
[[Ficheiro:Louis-Michel_van_Loo_001.jpg|miniatura|dereita|[[Denis Diderot]], fundador da [[L'Encyclopédie|Enciclopedia Francesa]]]]
A '''Ilustración''' é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en [[Europa]] no [[século XVIII]] baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na [[razón]] e na [[ciencia]] como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da [[Europa]].<ref>Kors, Alan Charles. Encyclopedia of the Enlightenment. Oxford: Oxford UP, 2003. Print.</ref><ref name="Casey">{{cite web | last = Casey | first = Christopher | date = 30 de outubro de 2008 | title = "Grecian Grandeurs and the Rude Wasting of Old Time": Britain, the Elgin Marbles, and Post-Revolutionary Hellenism | work = Foundations. Volume III, Number 1 | url = http://ww2.jhu.edu/foundations/?p=8| accessdate =25 de xuño de 2009}}</ref>
 
== Orixe ==
A ilustración foi un fenómeno cultural que se desenvolveu en Europa e América afectando á totalidade dos ámbitos sociais, políticas e culturais do mundo do século XVIII. Aínda que este movemento afectou a case todo o mundo, non tivo a mesma importancia nuns [[país]]es que noutros, xa que algunhas nacións achegaron constantemente novas ideas, mentres que outras, limitábanse a seguir de lonxe as innovacións que se ían producindo nos outros países. Se se establece unha clasificación dos países "máis ilustrados", a orde sería: [[Francia]], [[Alemaña]] e [[Inglaterra]].<ref>Robert R. Palmer, ''The Age of the Democratic Revolution'' (1964)</ref><ref name="Russell, Bertrand p492-494">Russell, Bertrand. ''A History of Western Philosophy''. p&nbsp;492–494</ref>
 
== Ideas básicas ==
A ilustración presenta as seguintes ideas:
* '''[[Empirismo]]''': os ilustrados, en contra da obriga a aceptar as verdades en base á fe ou á autoridade de quen as proclama, contrapuxeron a experimentación para poder coñecer o mundo e conseguir o progreso. O coñecemento nace da experiencia e todo aquilo que non poida ser verificado pola mesma, como a fe ou a metafísica, non poden ser consideradas nun plano de igualdade co que nace do emprírico, como a ciencia.
* '''Criticismo''': o ilustrado aspira a someter a crítica racional todo o coñecemento anterior, poñendo en cuestión todo o herdado por tradición ou imposto pola simple fe.
* '''Desexo de [[Coñecemento]]''': o ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, de iluminalo, aínda que tamén sente a necesidade de dar a coñecer o aprendido.
* '''Utopismo''': Crese que a aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitira unha mellora constante da sociedade e un progreso económico e cultural ilimitado.
* '''Progreso e [[Felicidade]]''': o ilustrado ao que aspira como obxectivo prioritario é a conseguir a felicidade neste mundo.
* '''Reformismo''': os ilustrados propoñen modernizar a sociedade mediante lentas reformas que sería levadas a cabo por reis e gobernos de carácter absolutista.<ref>{{cita web|url=http://www.wsu.edu/~dee/ENLIGHT/PREPHIL.HTM|title=The European Enlightenment|author=Hooker, Richard|year=1996|accessdate=18 de xaneiro de 2008| archiveurl= http://web.archive.org/web/20080110173752/http://www.wsu.edu/~dee/ENLIGHT/PREPHIL.HTM| archivedate= 10 de xaneiro de 2008}}</ref>
 
== Características ==
As características máis importantes desta corrente son:
* [[Natureza]]: desexo de descubrir mediante a aplicación da razón e da observación as [[lei]]s que rexen a natureza. Amor á natureza.
* [[Razón]]: Fe constante no poder da razón humana, polo tanto, todo o racional era [[bo]], mentres que o irracional era incorrecto.
* Igualdade: Todos os [[home]]s proceden da mesma natureza, polo que todos posúen a capacidade de razoar xa que todos son iguais.
* Progreso: crenza no progreso da [[sociedade]] humana, para mellorar as condicións de vida e acadar a felicidade.
* [[Liberdade]]: En cuestións políticas, relixiosas, intelectuais e económicas.
* [[Deísmo]]: É a relixión natural. Tiña o seu fundamento en que Deus e a alma non podían ser coñecidos xa que eran algo abstracto, que non se percibe cos sentidos.
* Moral laica: É independente da relixión, xa que os homes réxense por morais, non só porque Deus manda observalas, senón porque a razón esixe o respecto dos [[dereito]]s dos demais.<ref>
{{cita libro|last=Israel|first=J.|year=2001|title=Radical Enlightenment; Philosophy and the Making of Modernity 1650–1750|publisher=Oxford, Oxford University Press|page=159}}</ref>
 
O pensamento partía do suposto de que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría de [[John Locke]] e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma de [[Estado]] que garantise a [[liberdade]], a seguridade e a prosperidade e que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade do [[monarca]]. Pero para que trunfase está postura os filósofos eran conscientes que tiña que cambiar a sociedade e estar baseada na [[tolerancia]] e a igualdade legal, pero non económica.<ref>See Darnton, ''The Literary Underground'', 184.</ref><ref name="autogenerated1">Darnton, ''The Literary Underground'', 135–147.</ref><ref>Darnton, ''The Literary Underground'', 13, 17.</ref>
 
== Representantes ==
Os máximos representantes deste movemento foron: [[Montesquieu]], que teorizou sobre a separación de poderes, [[Voltaire]], defensor da liberdade de pensamento, e [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], que expresou o principio de [[soberanía nacional]].<ref>{{cita web|url=http://www.martinfrost.ws/htmlfiles/enlightenment_age.html|title=The age of Enlightenment|author=Frost, Martin|year=2008|accessdate=18 de xaneiro de 2008}}</ref>
 
* [[Montesquieu]]: Era membro da nobreza francesa e admirador do réxime parlamentario inglés, xa que consideraba a este o mellor sistema político capaz de garantir a [[liberdade]] dos homes e impedir así o abuso dos gobernantes. Pero a súa maior achega foi a teoría da [[separación de poderes]] (lexislativo, executivo e xudicial) na súa obra ''[[O espírito das leis]]'' para evitar o despotismo.
* [[Voltaire]]: A súa filosofía era a defensa dos dereitos do home para seguir os ditados da súa razón á vez que dicía que o home debía seguir as súas ideas e opinións con respecto á relixión e a práctica da mesma. Voltaire cría no deísmo, xa que pensaba que Deus creara o Universo, pero que só lle dera o primeiro impulso, e que despois non intervira en nada máis. Amais, promoveu a creación de parlamentos que limitasen o poder dos reis e a reforma do [[sistema fiscal]] para acabar cos privilexios.
* [[Jean Jacques Rousseau]]: Os seus ideais partían do suposto de que os homes posúen dereitos naturais que deben ser respectados por todos, pero inclúe outro elemento como característica da natureza humana, a idea de que o estado natural era unha situación perfecta na cal todos os homes eran bos, pero que ao formarse na sociedade xorden as desigualdades e así o egoísmo. E isto ocasionou que os homes perderon os sentimentos morais concedidos pola natureza, para cambialos por unha actitude racionalista e fría que os afasta da súa bondade innata. Na súa obra ''[[O contrato social]]'' sostivo que o poder reside no pobo e que o Estado xorde coma resultado dun pacto ou contrato entre os cidadáns, concepción que inspirou o concepto de [[soberanía nacional]]<ref>{{Cita libro|título = Ciencias socias historia|apelidos = Fernández Bulete|nome = Virgilio|editorial = SM Xerme|isbn= 978-84-9854-281-3|ano= 2012}}</ref>.
* [[Denis Diderot]]: critica a sociedade corrupta do seu tempo e é racionalista e materialista igual que [[Voltaire]], sostén que as ciencias naturais permitirán o progreso técnico, polo que está en contra da [[relixión]] tradicional.
* [[Francois Quesnay]]: Foi o cabeza dun grupo de pensadores que deron orixe ao movemento chamado ''fisiocracia'' e que desenvolveron unha teoría acerca das leis que rexen as actividades económicas. Esta teoría baséase no principio de que o desenvolvemento económico dun país está determinado polo nivel de produción agrícola e non pola riqueza metalúrxica que posúa.
 
== A Ilustración en Galiza ==
Liña 47:
No panorama intelectual, sobresaíron personalidades beneditinas coma [[Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|Benito Xerónimo Feijoo]] ou [[Martín Sarmiento]]. Amais, [[Lucas Labrada]] escribiu ''Descrición económica do reino de Galiza''.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Age of Enlightenment}}
=== Bibliografía ===
* Becker, Carl L. ''The Heavenly City of the Eighteenth-Century Philosophers.'' (1932)
* [[Stephen Bronner|Bronner, Stephen]]. '' The Great Divide: The Enlightenment and its Critics''
Liña 59:
* Delon, Michel. ''Encyclopædia of the Enlightenment'' (2001) 1480pp
* [[Louis Dupre|Dupre, Louis]]. ''The Enlightenment & the Intellectual Foundations of Modern Culture'' 2004
* [[Peter Gay|Gay, Peter]]. ''The Enlightenment: The Rise of Modern Paganism'' (1966, 2nd ed. 1995), 952 pp; ''The Enlightenment: The Science of Freedom'', (1969 2nd ed. 1995)
* Greensides F, Hyland P, Gomez O (ed.). ''The Enlightenment'' (2002)
* Cowan, Brian, ''The Social Life of Coffee: The Emergence of the British Coffeehouse''. New Haven: Yale University Press, 2005
Liña 71:
* Diderot, Denis. "Letter on the Blind" in Tunstall, Kate E. ''Blindness and Enlightenment. An Essay. With a new translation of Diderot's Letter on the Blind'' (Continuum, 2011)
 
=== Outros artigos ===
* [[Revolución francesa]]
* [[Revolución Americana]]
Liña 78:
* [[A ciencia no século das luces]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/contextos/2181.htm Ilustración] ''(en [[lingua castelá|castelán]])''
* [http://www.monografias.com/trabajos12/lailustr/lailustr.shtml La ilustración] ''(en [[lingua castelá|castelán]])''
{{Control de autoridades}}