Diferenzas entre revisións de «Dó (música)»

m
Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
m (→‎top: Arranxos varios)
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética)
 
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Dó}}
'''Dó''' é o nome dunha [[nota musical]]. En xeral considérase que o dó é a primeira nota musical, pois é a nota base da [[escala diatónica]] de [[dó maior]], a única que non posúe [[accidente (música)|accidentes]] e por tanto é considerada a base do [[Música tonal|sistema tonal]].
 
== Nome ==
O nome orixinal desta nota era '''ut''' en referencia ao primeiro verso do himno religioso '''''Ut queant laxis''''', usado por [[Guido d'Arezzo]] para nomear todas as notas musicais. O nome da nota ut mudou posteriormente para dó para facilitar a pronuncia.
 
Antes da adopción do [[solfexo]], as notas chamábanse por letras. A nota dó corresponde á nota '''C''' usada na nomenclatura anglosaxoa.
 
== Altura ==
A expresión ''dó central'' refírese á nota dó que se sitúa exactamente no medio do teclado de 88 notas dun [[piano]]. Esta nota, usada como referencia de [[altura (música)|altura]] para a extensión da maioría dos instrumentos musicais é o dó na cuarta [[oitava]] (dó4, que ás veces se lle chama dó3 cando se considera que a primeira oitava é a '''0'''). A súa frecuencia é de aproximadamente 261.6 [[Hertz|Hz]].
 
[[Ficheiro:MiddleC-Keyboard.png|centro|320px|Posición do dó central nun teclado de 88 teclas.]]
 
== Notación ==
Pola orde da [[partitura]] abaixo, na [[clave de sol]], o dó central represéntase na primeira liña suplementaria inferior. Na [[clave de dó]], pode estar na terceira ou na cuarta liñas da [[pauta (música)|pauta]]. Na [[clave de fa]] represéntase na primeira liña suplementaria superior.
 
393.002

edicións