Día Nacional de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Galicia (homónimos)}}
[[Ficheiro:25julho05.jpg|miniatura|dereita|200px|Manifestación a prol da autodeterminación no día de Galicia de 2005.]]
O '''Día Nacional de Galicia''', coñecido tamén popularmente como ''Día Nacional da Galiza'', ''Día da Galiza'', ''Día de Galicia'', ''Día da Patria'' ou ''Día da Patria Galega'', é a [[festa]] oficial do país galego, segundo decreto da [[Xunta de Galicia]] publicado no DOG do [[1 de xaneiro]] de [[1979]]. Celébrase o día [[25 de xullo]], día da festividade do apóstolo [[Santiago o Maior]].
 
== Historia e características ==
As orixes desta celebración remóntanse a novembro de [[1919]], cando se celebrou en [[Santiago de Compostela]] a II Asemblea Nazonalista das [[Irmandades da Fala]], que acordan celebrar o ''Día Nacional de Galicia'' o [[25 de xullo]] do ano seguinte.<ref>{{cita novas|nome=Xosé María|apelidos=Dobarro|url=http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/irmandades-botan-andar-dia-galicia-ix/20160723233626161067.html|título=As Irmandades botan a andar o Día de Galicia (IX)|xornal=Diario de Ferrol|dataacceso=18-12-2016|data=24-7-2016}}</ref> En 1924 o ditador [[Miguel Primo de Rivera]] foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao [[17 de decembro]], data do axustizamento do mariscal [[Pardo de Cela]].<ref name="praza"/><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=3221 As Irmandades da Fala institucionalizaron o Día de Galicia en 1920]</ref> A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da [[ditadura de Primo de Rivera|ditadura]] permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no [[teatro García Barbón]] o 25 de xullo dese mesmo ano.<ref name="praza">[http://praza.gal/politica/12285/dia-nacional-de-galicia-96-anos-dunha-festa-en-construcion/ Día Nacional de Galicia: 96 anos dunha festa en construción]</ref>
 
Durante a ditadura [[Franquismo|franquista]], as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na [[Galiza]] o [[Galeguismo (política)|galeguismo]] concéntrase ó redor da tradicional misa por [[Rosalía de Castro]] na igrexa de [[San Domingos de Bonaval]]. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda [[España]], baixo o nome de ''Día do Patrón de España'', cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso ''[[Alba de Groria]]'' de [[Castelao]] en 1948.<ref name="praza"/>
 
=== Período democrático ===
En [[1968]] volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o [[Partido Socialista Galego]] (PSG) e a [[Unión do Povo Galego]] (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o ''Día Nacional de Galicia'' que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG ([[Asemblea Nacional-Popular Galega]]) e BN-PG, xermes do actual [[Bloque Nacionalista Galego]]. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do ''Día da Patria'' con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o [[25 de xullo]] na capital galega.
 
Liña 19:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* RODRÍGUEZ-POLO, Xosé Ramón (2009): ''Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo''. Vigo: Xerais.
 
=== Ligazóns externas ===
* Decreto do [http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/1979/19790101/Secciones94A_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=01/01/1979 DOG Nº 1 do 1 de xaneiro de 1979] [http://www.xunta.es/dog/Publicados/1979/19790101/Anuncio956_gl.html polo que se estabelece como Dia Nacional de Galicia o 25 de Xullo de cada ano].
* [http://www.25dexullo.gal/ga/ Páxina do 25 de xullo]