Cuíña, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Cuíña}}
{{Parroquia
|nome = Cuíña
Liña 13:
'''Santiago de Cuíña''' é unha parroquia do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Ortigueira]], na [[comarca do Ortegal]]. Segundo o padrón municipal de [[2009]] tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 365 habitantes.
 
== Xeografía ==
'''Cuíña''' está situada na beira leste da [[ría de Ortigueira]], na marxe dereita do río Maior, nas abas dos montes Meixón, Burgo e Penaoseira. Limita ao norte coa parroquia de [[Ortigueira, Ortigueira|Ortigueira]] e coa ría dende a desembocadura do río Maior até o camiño da Lagarea, polo nordeste coas parroquias de [[Luía, Ortigueira|Luía]] e [[Barbos, Ortigueira|Barbos]], polo leste limita coa parroquia de [[San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira|San Salvador de Couzadoiro]], polo sur coa parroquia dos [[Os Freires, Ortigueira|Freires]] e polo oeste co río Maior que a separa da parroquia de [[Senra, Ortigueira|Senra]].
 
Como tantas outras parroquias co paso do tempo a poboación foise asentando nas proximidades da estrada [[AC-862]] que a atravesa polos lugares da Clara e A Lagarea ao pé da ribeira do mar.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial, situada no lugar do Igrexario é unha construción moderna de principios de 1900, de cruz latina. O campanario foi rematado non hai pouco ao tempo que se recubría todo o corpo do templo cun lucido de cemento ocultando a estrutura de pedra. O cemiterio está algo afastado, o mesmo que a reitoral, aínda que sen saír do mesmo lugar.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Cuíña ===
{{Lp Cuíña}}
=== Parroquias de Ortigueira ===
{{Ortigueira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ortigueira]]
 
Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior]]