Brión, Brión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m {{Cómpren coordenadas}}
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{Cómpren coordenadas}}
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Brión (homónimos)|Brión}}
 
{{Parroquia
Liña 17:
Dentro desta parroquia está o lugar de [[Pedrouzos, Brión, Brión|Pedrouzos]], que ostenta a capitalidade municipal.
 
== Historia ==
En Brión está o castro de Lamiño, que segundo a lenda foi construído polos mouros, cunha trabe de ouro que chega ata as Torres de Altamira e onde na [[noite de San Xoán]] se pode ver unha moza e unha galiña con pitiños de ouro. Sobre o castro de Altamira construíron a fortaleza do mesmo nome.
 
No [[século IX]] a familia Moscoso construíu a [[Torres de Altamira|Fortaleza de Altamira]], que chegou a ter seis torres ademais dun cómodo pazo. Pouco a pouco foi perdendo importancia, utilizándose as súas pedras noutras construcións. Hoxe só quedan algúns restos do que foi a fortaleza.
 
== Patrimonio ==
* Igrexa de San Fins de Brión ([[século XVIII]])
* O [[santuario de Santa Minia de Brión]] é un templo adicado á mártir romana [[Santa Minia]]. Celébrase a súa festividade cunha [[romaría]] cada [[27 de setembro]]. En 1783 o papa [[Pío VII]] mandou extraer das catacumbas de Santa Inés os restos do corpo da mártir, compostos polos ósos e unha bóchega con sangue. Estes restos pasaron a estar custodiados polo bispo Bartolomé Menochio, o relixioso regaloullos a Juan Francisco Arieta o 8 de xuño de 1804, quen á súa vez llos deu dous meses despois ao comerciante gaditano Tomás de Anduaga. Este decidiu introducir os ósos da santa nunha figura de cera, e na lápida do lóculo, que incluía o texto XP MINIA IN SOMNO PACIS, mando gravar a frase "El cuerpo de esta Santa entró en mi casa el día 10 del mes de agosto del año del Señor de 1804 y se colocó en el oratorio en dicho día".<br>Os restos foron venerados na súa capela familiar, e á súa morte legoullos a [[Lois Tobío Martínez]], que traballara para el, e o galego recibiunos o 27 de outubro de 1847. Os restos chegaron a Lamiño, a súa aldea natal, o 1 de agosto de 1848. Tobío escribiulle a [[Rafael de Vélez]], o [[Arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo compostelán]], para que autorizase na igrexa parroquial de San Fins o culto á santa, que deu comezo o 17 de novembro dese ano. Malia a oposición inicial do párroco e dun grupo de veciños temerosos de que Santa Minia substituíse o culto tradicional da parroquia, axiña comezaron as romarías. Tobío iniciou a construción dun santuario en [[Pedrouzos, Brión, Brión|Pedrouzos]], recibindo a licenza arcebispal o 23 de xuño de 1849. En 1851 o arcebispado cedeulle dereitos de padroado sobre a capela e a décima parte dos ingresos obtidos da devoción popular. En 1868 as reliquias foron transladadas ao novo templo, aínda sen rematar. As obras seguiron adiante até mediados do século XX, se ben nunca se chegou a rematar o proxecto orixinal. Parte das pedras utilizadas foron tomadas dos restos das Torres de Altamira.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Brión ===
{{Lp Brión, Brión}}
=== Parroquias de Brión ===
{{Brión}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Brión]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.concellodebrion.org/concello/parroquias/brion.html Brión na web do concello de Brión]
* [http://www.santaminia.org Web sobre o Santuario de Santa Minia]
 
[[Categoría:Parroquias de Brión]]