Montouto, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Montouto}}
{{Parroquia
|nome = Montouto
Liña 13:
'''Santa Cristina de Montouto''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Abegondo]] na [[comarca da Coruña]]. Linda ao norte coas parroquias de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]] e [[Sarandós, Abegondo|Sarandós]], [[Cabanas, Abegondo|Cabanas]], ao sur con [[Folgoso, Abegondo|Folgoso]] e con [[Beira, Carral]] ao leste. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 334 habitantes (171 homes e 163 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 391 habitantes.
 
== Etimoloxía ==
''Montouto'' provén da expresión latina de ''monte alto''<ref name="SanchezPardo">[http://hdl.handle.net/10347/2451]"Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media : tesis doctoral". Sánchez Pardo, José Carlos. 2008.</ref>.
 
== Sitios de interese artístico e cultural ==
=== Igrexa de Santa Cristina de Montouto ===
A '''Igrexa de Santa Cristina de Montouto''' é unha igrexa de tipoloxía rural dun estilo barroco e que foi construída no século XVII, seguindo a tipoloxía máis frecuente na comarca. Está situada no [[O Campo do Monte, Montouto, Abegondo|Campo do Monte]]. A arquitectura da igrexa é sinxela e sobria: está formada por unha planta rectangular, cunha fábrica de cachotaría recebada e pintada agás nos esquinais, e enmarcados nos vans que son de cantería de granito. A igrexa está cuberta de tella e o zócolo é con cornixa voada, sobre da que vai a espadana de dous ocos de campás, moldura mixtilínea embaixo da espadana. Na decoración interior destacan os elementos de carácter xeométrico, que conforman a súa característica principal. No eixo vertical a está porta de entrada rectangular e un oco pequeno que remata na espadana<ref name="pxom" /><ref name="turgalicia">[http://www.turgalicia.es/] Turgalicia</ref>.
 
No adro da igrexa está tamén o ceminterio e superficies axardinadas con árbores autóctonas. No medio do adro diante da fachada, hai unha pila bautismal histórica<ref name="pxom" />.
 
=== Cruceiro de Santa Cristina ===
O '''cruceiro de Santa Cristina''' está no [[Campo da Festa, Montouto, Abegondo|Campo da festa]]. Aséntase nunha plataforma cuadrangular con dous pés de formigón. O pedestal é un tronco piramidal e o varal ten unha sección octogonal que comeza e remata en forma de cadrado. O capitel está moldurado e ten unha cruz de sección octogonal, cun botón central e remates florenzados<ref name="pxom" />.
 
== Arqueoloxía ==
=== Chan do Castro, Castro de Montouto ===
Lo lugar de [[Santín, Montouto, Abegondo|Santín]] atópase un asentamento fortificado da idade de ferro-romano cunhas dimensións de 160 por 200 metros. Arestora o [[Castro de Montouto]] está cuberto por vexetación e non se aprecia a súa morfoloxía. Apréciase que se trataría dunha coroa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por en enteiro, e outra maior ca a anterior que englobaría a todo o conxunto. A conservación é regular e as pistas que se construíron na zona cortan o seu extremo suroriental<ref name="pxom">[http://www.abegondo.es/index.php?id=1441] Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña)</ref>.
 
== Galería de imaxes ==
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Abegondo}}
<gallery>
Liña 36:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Montouto ===
{{Lp Montouto, Abegondo}}
=== Parroquias da Abegondo ===
{{Abegondo}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Abegondo]]
 
[[Categoría:Parroquias de Abegondo]]