Wallace Fard Muhammad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Wallace Fard Muhammad''', predicador e activista, nacido ao redor de [[1891]] e creador da organización [[naionalismo negro|nacionalista negra]] [[Nación do Islam]]. En [[1934]] desaparece misteriosamente e o seu lugar pasa a ser ocupado por [[Elijah Muhammad]]. As súa orixes son controvertidas, segundo os arquivos do [[FBI]] Wallace Fard Muhammed sería en realidade Wallace Dodd Ford, nacido o [[25 de febreiro]] de [[1891]], dunha familia cun proxenitor europeo e outro polinesio. Dubídase de se o seu nacemento tivo lugar nos [[Estados Unidos]] ou en [[Nova ZelandaCelandia]], aínda que se sabe que nos anos 20 xa estaba en terra norteamericana. Hazel Dodd, esposa de Wallace Dodd Ford reclamou sempre a identidade de Fard Muhammad co seu desaparecido esposo, reivindicando tamén a paternidade do seu fillo. Isto levou a Fard Muhammad a ofrecer publicamente unha cuantiosa cantidade de cartos a quen puidese traer unha proba que demostrase isto. Nunca se presentou, e o problema foi esquecido. [[Nación do Islam]], pola súa parte, acreditou sempre na versión dada polo propio Fard Muhammad, segundo a cal viría directamente dende a [[Meca]], e calcula o seu nacemento en torno ao ano [[1877]].
 
==Nación do Islam==
Se as teorías que identifican a Fard Muhammad con Wallace Dodd Ford son certas, estaría envolto en distintas organizacións musulmanas da cidade de [[Chicago]] nos anos 20, así como relacionado con algunhas mortes e outros sucesos relacionados con elas, sen que chegase a ser acusado por ningún deles.
No ano [[1929]] funda a organización [[Nación do Islam]] en [[Detroit]], [[Michigan]], e comeza a predicar entre a comunidade afroestadounidense. En novembro de [[1932]] é investigado por unha morte ritual acontecida no interior da organzación. Aínda que non chega a ser acusado de nada, pídeselle formalmente que abandone a cidade en [[1933]], cousa que fai para regresar encubertamente ao ano seguinte. É descuberto e impelido de novo a marchar. Antes de facelo delega o liderato da organización en [[Elijah Muhammad]], que comeza a predicar que Fard Muhammad é o [[Mahdi]], unha figura dalgunhas tradicións islámicas que se considera a reencarnación de [[Alá]]. Fard Muhammad desaparece o ano [[1934]]. Os seus seguidores creron que fora asasinado pola policía, até que [[Nación do Islam]] aceptou a visión oficial de que regresara á [[Meca]]. Moitos dos que cren que [[Elijah Muhammad]] ordenou o asasinato de [[Malcom X]] cren tamén que é o responsábel da desaparición e morte de Fard Muhammad. Outras teorías sitúano ao fronte dunha mesquita de Oakland, ou ben defenden que volveu a [[Nova ZelandaCelandia]].
 
==Ideoloxía==