Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Cincinnati: Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
*vó(s) > voo(s).
Liña 52:
Durante o primeiro [[draft da NBA]] do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a [[Clyde Lovellette]] e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela [[Si Green]] por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.
 
No final da tempada, [[Maurice Stokes]] golpeouse na cabeza ao caer tras capturar un rebote. Tras o primeiro partido nos playoffs tres días máis tarde, a lesión na cabeza de Stokes agravouse debido á presión da cabina do avión durante o voo de volta a Cincinnati para o segundo partido. Foi hospitalizado permanentemente, unha traxedia que impactou moito ao equipo. Stokes, un gran talento que podía xogar de pivote, de aleiro ou de base, foi 2º na NBA en rebotes e 3º en asistencias, algo que tan só fixo [[Wilt Chamberlain]] nunha tempada entera. Sen Stokes, o equipo veuse abaixo.
 
O membro do All-Star Twyman chegou a un gran nivel nas seguintes dúas tempadas en Cincinnati, e o equipo fixo dúas tempadas de 19 vitorias. O equipo da tempada 1958-59 contaba principalmente con cinco rookies, con Lovellette, King e outro xogadores clave deixando o equipo tras a tráxica lesión de Stokes. Os Harrison, baixo presión para vender o equipo, o venderon a un grupo local liderado por Thomas Woods. O feito de que Stokes fora simplemente botado polo equipo e polos novos donos enfureceu a moitos.