Dolmen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{outroshomónimosOutros homónimos|Anta}}
 
[[Ficheiro:Dolmen axeitos.JPG|220px|miniatura|[[Dolmen de Axeitos]], [[Ribeira]]]]
Liña 5:
Un '''dolmen''', '''pala''' ou '''anta''' é un [[monumento]] [[megálito|megalítico]] tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en [[Europa]], e ata o I milenio no [[Extremo Oriente]]. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).
 
== Clasificación ==
[[Ficheiro:Dolmen 'Pedra da Arca'.jpg|220px|miniatura|Pedra da Arca]]
Dentro dos monumentos megalíticos é pertinente facer a distinción entre [[mámoa]]s e dolmens:
Liña 13:
Estes monumentos foron frecuentemente espoliados e desprovistos da protección orixinal, xa que segundo as crenzas populares, os [[enterramento neolítico|enterramentos neolíticos]] agachaban importantes riquezas no seu interior. Sirva como exemplo destas afirmacións a licenza que no [[século XVII]] lle concedeu a [[Coroa española]] ao [[Licenciado Vázquez de Orxas]] para escavar os monumentos megalíticos na busca de tesouros.
 
== Etimoloxía ==
Parece ser que Théophile Malo Corret de la Tour d'Auvergne foi quen "inventou" o termo «dolmen», sendo despois retomado por Pierre Jean-Baptiste Legrand d'Aussy (1737-1800), quen propón unha visión diferente da función do dolmen, interpretándoo xa non como unha mesa de sacrificio senón máis ben como sepultura.
 
O termo semellaría estar acuñado a partir das palabras [[Bretaña|bretoas]] ''t(d)aol'' 'mesa' e ''men'' 'pedra'. Non obstante, este nome non está rexistrado como bretón, sendo «Liah vaen» o nome bretón real para designar un dolmen. Por outra banda, certos dicionarios etimolóxicos asocian o termo co córnico «tolmen», que nomearía na súa orixe un círculo de pedras.
 
=== Palabras galegas tradicionalmente usadas co mesmo significado ===
[[Ficheiro:Dolmen de Meixoeiro - Mos - Pontevedra.jpg|Dolmen do Meixoeiro, Mos|220px|miniatura]]
Dentro das palabras patrimoniais galegas utilizadas para referirnos a estas estruturas atopámonos principalmente con '''''anta''''', procedente segundo [[Joan Coromines i Vigneaux|Joan Coromines]] do latín ''antae, antarum'', para denominar as columnas da parte frontal dun edificio, colocadas a ambos os lados dunha porta. Tamén esta palabra latina pertencería probablemente a unha antiquísima familia [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]], da que quedaron restos léxicos en numerosas linguas, con valores como ‘fin’, ‘límite’ ou ‘fronteira’.<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/sete-palabras-megaliticas/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Sete palabras megalíticas|data-acceso=14 de novembro de 2016}}</ref> Segundo [[Luís Monteagudo]], esta denominación utilizouse nun primeiro momento para referirse aos dolmens e logo para referirse a unha lousa de pedra en xeral. Da verba ''anta'' proceden algúns diminutivos como ''antela'' ou ''antiña''.
Liña 27:
Outras denominacións utilizadas para referirse a estas estruturas son ''casa'', ''caseta'', ''forno'', ''forniño'' ou'' altar.''
 
== O dolmen no folclore ==
Nas crenzas populares [[Bretaña|bretoas]], os dolmens ábrense durante a noite de Nadal para mostrar os tesouros dos que son gardiáns.
 
Liña 33:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Dolmen|dolmen}}
=== Outros artigos ===
* [[Megálito]]
* [[Megalitismo en Galicia]]
* [[Megálitos de Galicia]]
* [[Mámoa]]
* [[Ortóstato]]
* [[O Ciprianillo]]
* [[Galería de imaxes de dolmens en Galicia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.usc.es/arqmega/arqmega.html/ Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno megalítico galego]
* [http://members.chello.nl/r.j.triest/dolmens.html Imaxes de dolmens]