Nós (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{OutroshomónimosOutros homónimos|Nós}}
 
[[Ficheiro:Nós.jpg|miniatura|240px|dereita|Frecuencia de aparición das culturas europeas de entre os artigos da revista Nós:<br>H: Hispanoamérica<br>PB: Brasil<br>C: cultura celta en xeral<br>L: cultura latina clásica]]
Liña 6:
'''''Nós''''' foi unha [[revista]] publicada en [[lingua galega|galego]] entre [[1920]] e [[1936]] con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
[[Ficheiro:Nós n.º 75, 15-03-1930, A significación profunda do galeguismo, Antón Lousada Diéguez.jpg|miniatura|Nós 75, 1930, [[s:A significación profunda do galeguismo|"A significación profunda do galeguismo"]], [[Antón Lousada Diéguez]].]]
== Traxectoria ==
=== Organigrama e primeiros pasos ===
 
''Nós'' foi impulsada e dirixida por [[Vicente Risco]], quen procurou insistentemente colaboracións de fóra de Galiza co obxecto de lle dar unha dimensión europea. O primeiro número apareceu o [[30 de outubro]] de [[1920]] en [[Ourense]] e aquí se publicarían os primeiros 15, antes de pasar a ter a administración na [[A Coruña|Coruña]] e [[Santiago de Compostela|Santiago]], na sede da [[editorial Nós]]. O enderezo mantívose sempre no domicilio de Vicente Risco.
Liña 13:
A revista, vinculada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega, para o que Risco designou a [[Castelao]] como responsábel artístico.
 
=== Contidos ===
Dous eran os ámbitos que trataba: por unha banda o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuíndo á modernización metodolóxica, que afectou fundamentalmente á arqueoloxía, á etnografía, á historia e o pensamento; por outra a presentación das ideas novas que aparecían en Europa. Para tal fin, exploráronse as culturas europeas que se consideraban máis próximas da galega, como a irlandesa ([[Irlanda]] estaba constituíndose en estado independente naquela altura) e a portuguesa (en [[Portugal]] florecía a [[lingua galega]]).
 
Liña 20:
Entre as novidades que a revista Nós achegou á cultura galega están as tradución s de autores contemporáneos, como a tradución de anacos do ''Ulysses'' de [[James Joyce]] que fixo Otero Pedrayo, clásicos como partes de ''De quod nihil scitur'' de [[Francisco Sánchez]], medievais como ''De correctione rusticorum'' de San [[Martiño de Braga]] ou antigos como o comezo da ''Oda marítima'' de [[Rufo Festo Avieno]].
[[Ficheiro:Vicente Risco.jpg|miniatura|195px|[[Vicente Risco]] era o director.]]
== Historia ==
 
En xuño de 1920 celebrouse unha xuntanza en Pontevedra á que acudiron [[Vicente Risco]], [[Castelao]], [[Ramón Cabanillas]] e [[Antón Losada Diéguez]] para discutir a creación dunha revista monolingüe sobre a cultura galega, que deciden chamar ''Nós'' a proposta de Castelao, decidiron tamén o lugar de impresión, a imprenta de ''La Región'' en [[Ourense]] e o director literario, Risco, e artístico, Castelao. Posteriormente encargáronlle a [[Arturo Noguerol]] o financiamento, para o que constituíu unha sociedade mercantil.
Liña 45:
SAÚDE E TERRA.}}
 
== Colaboradores ==
[[Fermín Bouza-Brey]], [[Ánxel Fole]], [[Manuel Lesteiro López|Manuel Lesteiro]], [[Luís Manteiga]], [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Luís Pimentel]], [[Emilio Pita]], [[Vicente Risco]], [[Lois Tobío Fernández]], [[Alfonso Vázquez Martínez]], [[Teixeira de Pascoaes]] (portugués) e [[Phileas Lebesgue]] (francés).
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Nós}}
{{Wikisource|Categoría:Nós}}
=== Outros artigos ===
* [[Grupo Nós]]
* [[Editorial Nós]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWJEnLePI Portada para ''Nós'' deseñada por Castelao].
* [https://sites.google.com/site/revistagaleganos/home/ Exemplares da revista] en [[pdf]].
* [https://diariogalicia.wordpress.com/category/nos/ Artigos da Revista Nós] de 1920 a 1935 transcritos a texto no ''[https://diariogalicia.wordpress.com/ Diario Galego].''
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Nos}}
 
[[Categoría:Prensa escrita de Galicia]]
[[Categoría:Literatura]]