SIG Strasbourg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegar > chegar ao éxito.
Liña 22:
 
== Historia ==
O sociedade polideportiva Illkirch-Graffenstaden foi fundada en 1928, creando unha sección de baloncesto en 1929. Case unha década despois, en 1938, o club chegou á Division d’Excellence da FFBB (actual Pro A), descendendo en 1949 e non regresando até 1961. Durante moitos anos o club dominador da [[Alsacia]] foi o Foyer Alsacien Mulhouse, sete veces campión de Francia, desaparecido da elite en [[1960]]. Así pois, a partir desa década dous clubs de [[Estrasburgo]] son os que animan o baloncesto rexional: o AS Strasbourg e a Sportive Illkirch Graffenstaden. Porén, sería este último o que finalmente despegaríachegaría ao éxito. Despois de décadas de ascensos e descensos intermitentes entre a Nationale I e II (terceira e cuarta categoría), o SIG chega finalmente á Pro A en [[1994]], chegando ese mesmo ano á final da Copa de Francia, onde se enfrontaría ao [[Limoges CSP]], actual campión da [[Euroliga]]. O encontro saldase cunha derrota por 66 a 83. Ao ano seguinte o club participa na [[Copa Korać]], aínda que o progreso se detén, descendendo de novo o club en 1998. Porén, non tardaría en volver á elite para a temporada 1999−00.
 
A partir da temporada 2004–05 chega ao club o adestrador Éric Girard, co que o club consegue acadar o terceiro posto na fase regular. Despois, nos playo-offs polo título o club consegue chegar á final vencendo onde vence aos seus tradicionais rivais, o [[SLUC Nancy]], por 72 a 68. Debido ao título conseguido, o Strasbourg xoga ao ano seguinte na [[Euroliga]], onde cae na fase de grupos tras gañar 3 partidos de 11: 84–76 ao [[TAU Cerámica]], 90–82 á [[KK Union Olimpija|Union Olimpija]] e 70–66 ao [[AEK Atenas BC|AEK Atenas]], os tres como local.<ref>{{cita web|url=http://www.linguasport.com/baloncesto/internacional/clubes/EL/EL_06.htm|título=Euroleague 2005-06|lingua=inglés|obra=Lingua Sport|dataacceso=17 de setembro de 2015}}</ref> Despois de varios anos lonxe da elite, o equipo revive coa chegada ao banco en 2012 de Vincent Collet, con quen chegan durante tres anos consecutivos á final da liga, mais sen éxito. No ano 2015, pese a perder na final da Liga conseguen gañar a Copa de Francia.