Lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 1:
{{1000}}
{{outroshomónimosOutros homónimos|Inglés}}
{{Info lingua
| nome = Inglés
Liña 39:
O inglés é unha [[Linguas indoeuropeas|lingua indoeuropea]], e pertence ó grupo [[linguas xermánicas occidentais|occidental]] das [[linguas xermánicas]].{{sfn|Bammesberger|1992|pp=29–30}} As máis achegadas ó inglés son as [[lingua frisoa|frisoas]], e xuntos forman o subgrupo [[Linguas anglofrisoas|anglofrisón]] das linguas xermánicas. O [[saxón antigo]] e o seu descendente o [[Lingua baixo alemá|baixó alemán]] tamén están moi relacionados, e ás veces o baixo alemán, o inglés e o frisón son agrupados xuntos como [[linguas ingvaeónicas]] ou linguas xermánicas do mar do Norte.{{sfn|Bammesberger|1992|p=30}} O inglés moderno descende do [[inglés medio]], que á súa vez descende do [[inglés antigo]].{{sfn|Robinson|1992}} Algúns dialectos do inglés antigo e medio tamén se desenvolveron nun número de [[Linguas anglofrisoas|linguas ánglicas]], incluíndo o [[Lingua escocesa|escocés]]{{sfn|Romaine|1982|pp=56–65}} e os extintos [[Lingua fingalesa|fingalés]] e [[lingua yola|yola]] falados en Irlanda.{{sfn|Barry|1982|pp=86–87}}
 
O inglés clasifícase como unnha lingua xermánica porque comparte elementos novos (diferentes doutras linguas indoeuropeas) con outras linguas xermánicas como o [[lingua neerlandesa|neerlandés]], o [[lingua alemá|alemán]] ou o [[Lingua sueca|sueco]].{{sfn|Durrell|2006}} Estes elementos innovadores amosan que estas linguas descenden dun mesmo antergo común, que os lingüistas chaman [[Lingua protoxermánica|protoxermánico]]. Algúns elementos comúns das linguas xermánicas son o uso de [[verbo modal|verbos modais]], a división dos verbos en fortes ou febles, e os cambios de son que afectan ás consoantes [[Lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeas]], coñecidos como [[Lei de Grimm]] e de [[Lei de Verner|Verner]]. Segundo a lei de Grimm, a palabra ''foot'' (pé) comeza con {{IPA|/f/}} nas linguas xermánicas, pero o seu [[cognado]] noutras linguas indoeuropeas comeza con {{IPA|/p/}}. O inglés clasifícase como lingua anglofrisoa porque comparten características comúns, como a [[palatalización]] de consoantes que eran velares no protoxermánico.{{sfn|König|van der Auwera|1994}}
* Inglés ''sing'', ''sang'', ''sung''; neerlandés ''zingen'', ''zong'', ''gezongen''; alemán ''singen'', ''sang'', ''gesungen'' (verbo forte)
: Inglés ''laugh'', ''laughed''; neerlandés e alemán ''lachen'', ''lachte'' (verbo feble)
Liña 96:
O seguinte período na historia do inglés foi o inglés moderno temperán (1500–1700). Esta lingua caracterizouse polo [[gran desprazamento vocálico]] (1350–1700), que supuxo unha simplificación das inflexións e unha estandarización lingüística.
 
O gran desprazamento vocálico afectou ás vogais longas do inglés medio. Foi un cambio en cadea, o cal implicou que cada cambio tivo un cambio subsecuente no sistema vocálico. As [[Vogal media|vogais medias]] e [[vogal aberta|abertas]] foron elevadas, e as [[vogal pechada|pechadas]] romperon en [[ditongo]]s. Por examplo, a palabra ''bite'' (trabada) foi orixinalmente pronunciada como a palabra actual inglesa ''beet'', e a segunda vogal da palabra ''about'' (sobre) foi pronunciada como a palabra inglesa ''boot''. O gran desprazamento vocálico explica moitas das irrregularidades no deletro, xa que o inglés mantén moitas formas escritas dende o inglés medio, e iso tamén explica porque as vogais inglesas teñen pronunciacións tan diferentes para as mesmas letras noutras linguas.{{sfn|Lass|2000}}{{sfn|Görlach|1991|pp=66–70}}
 
O inglés comezou a medrar en prestixio durante o reinado de [[Henrique V de Inglaterra|Henrique V]]. Arredor do ano 1430, a [[Court of Chancery]] de [[Westminster]] comezou a empregar o inglés en documentos oficiais, e unha nova forma de inglés medio, coñecido como, "Chancery Standard", foi desenvolvido a partir dos dialectos de Londres e das terras interiores do leste. En 1476, [[William Caxton]] introduciu a [[imprenta]] en Inglaterra e comezou a publicar os primeiros libros impresos en Londres, estendendo a influencia desa forma do inglés.{{sfn|Nevalainen|Tieken-Boon van Ostade|2006|pages=274–79}} A literatura deste período moderno temperán inclúe as obras de [[William Shakespeare]] e a [[Biblia do rei Xacobe|tradución da Biblia]] encargada polo rei [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I]]. Mesmo despois do cambio vocálico, a lingua aínda soa diferente do inglés moderno: por exemplo, os [[Grupo consonántico|grupos consonánticos]] {{IPA|/kn ɡn sw/}} en ''knight'', ''gnat'' e ''sword'' aínda se pronunciaban. Moitas das características gramaticais que un lector moderno de Shakespeare podería atopar pintorescas ou arcaicas representan as características distintas do inglés moderno temperán.{{sfn|Cercignani|1981}}
Liña 364:
 
{{ORDENAR:Inglés}}
 
[[Categoría:Lingua inglesa]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Lingua e literatura)]]