Diferenzas entre revisións de «Pedro, papa»

sen resumo de edición
m (→‎Pescuda dos restos: arranxiño)
}}
 
'''Simón''' ([[hebreo]]: שמעון , "Ximon"), chamado tamén '''Pedro''' ou Cefas, nado en [[Betsaida]], e falecido en [[Roma]] en [[67]], foi segundo a tradición [[cristianismo|cristiá]] un dos doce [[apóstolo]]s, discípulos de [[Xesús de Nazaret]], a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro [[patriarca de Antioquía]] e [[bispo de Roma]] e o primeiro [[papa]] da [[Igrexa Católicacatólica]].
 
== Traxectoria ==
O seu nome de nacemento era Ximón, pero recibiu de [[Xesús]] o nome de Pedro (do [[Lingua grega|grego]] πετρα ou do [[latín]] ''petra'', "pedra") para indicar que sería a pedra angular da súa [[Congregación|Igrexa]]<ref>[[Novo Testamento]]. [[Evanxeo de Mateu|Mateu]] 16:17-19, [[Evanxeo de Marcos|Marcos]] 8:29, [[Evanxeo de Lucas|Lucas]] 9:20</ref>. [[Paulo de Tarso]] chamouno nos seus escritos כיפשׁ, "Queifas", "'[[pedra]]"' en [[lingua aramea|arameo]], aínda cando Paulo empregaba o [[lingua grega|grego]]; [[Xoán o Evanxelista]] chamouno, polo xeral, "Simón Pedro".
 
Non se conta con máis detalles sobre a vida de Pedro cós que recolle no [[Novo Testamento]], excepto por algúns documentos de [[Clemente Romano]] que tratan dos derradeiros anos da súa vida. De acordo coa narración evanxélica, Pedro era un pescador [[Galilea|galileo]] que vivía en [[Cafarnaúm]], oficio que exercía co seu irmán [[André]]; estaba ou estivera casado, posto que a curación da súa sogra se recolle nos evanxeos sinópticos<ref>Novo Testamento. Mateu 8:14-17, Marcos 1:29-31, Lucas 4:38</ref>.
Pedro formou parte do grupo dos [[doce apóstolos]]; case invariablemente, os evanxelistas noméano á cabeza do grupo. Foi un dos tres discípulos íntimos, que, segundo a [[Biblia]], foron testemuñas da transfiguración de Xesús<ref>Novo Testamento. Marcos 9:1</ref>. Tras crer que Xesús era o Mesías agardado<ref>Novo Testamento. Marcos 8:29</ref>, recibiría del a profecía de que sería a base da Igrexa. Niso baséase a tradición católica que fai del bispo de [[Roma]] e cabeza da Igrexa, cargo que Pedro ocupou denantes de morrer.
 
[[Ficheiro:Cambados, capela do Hospital 02-02b.jpg|miniatura|300px|Marcos, 14:30: ''Hoxe, esta mesma noite, antes que cante o galo por segunda vez, ti negarasme tres veces'' (Sansan Pedro, no retablo da capela do Hospital (Cambados).]]
Os evanxeos recollen tamén a profecía de Xesús de que Pedro o traizoaría tres veces. Conforme os evanxeos, aínda cando a noite da derradeira cea Pedro xurou non apartarse de Xesús, ao seren interrogados polos soldados do Sumosumo Sacerdotesacerdote que o detiveran, negou tres veces coñecelo antes do galo cantar, é dicir, antes de que a noite rematase<ref>Novo Testamento. Mateo 26:69-75, Marcos 14:66-72, Lucas 22:54-62, Xoán 18:25-27</ref>. Logo da [[resurrección]] segundo relata [[Xoán Evanxelista]]<ref>Novo Testamento. Xoán 21:15-17</ref>, Xesús [[aparición|aparéceselle]] aos discípulos, dirixíse a Pedro e faille reafirmar tres veces o seu amor por el.
 
Trala morte de Xesús, a figura de Pedro é menos precisa. Se ben varios dos evanxeos —tanto canónicos como apócrifos— deixan entrever que fora especialmente favorecido por Xesús, os testemuños non son sempre coherentes. O autor de [[Feitos dos Apóstolos]], porén, presenta a Pedro como unha figura crucial das comunidades paleocristiás; é el quen preside a selección da substitución de [[Xudas Iscariote]]<ref>Novo Testamento. Feitos 1:15-26</ref> e quen é examinado publicamente polo [[sanedrín]]<ref>Novo Testamento. Feitos 4:7-22, Feitos 5:18-42</ref>, tras curar [[milagro]]samente un home ás portas do [[Templo de Xerusalén]]. Emprende misións a [[Rexión de Lidia|Lidia]], [[Iafa]] e [[Cesarea]] e está presente no [[Concilio de Xerusalén]], cando Paulo sostén que a mensaxe de Xesús se debe estende tamén aos xentís. A prédica de Pedro, porén, estivo polo xeral limitada ao pobo [[xudaísmo|xudeu]].
== Morte ==
[[Ficheiro:Caravaggio-Crucifixion of Peter.jpg|miniatura|esquerda|Crucifixión de Pedro, obra de [[Caravaggio]].]]
A tradición narra que Pedro acabou os seus días en [[Roma]], onde foi [[bispo]], que alí morreu martirizado baixo o mandato de [[Nerón]] no [[Circo Vaticano]], e que foi sepultado a pouca distancia do lugar do seu [[martirio]] no ano [[258]]<ref>Donald Attwater. A Dictionay of the Popes. The Catholic Book Club, [[Londres]], 1939.</ref> onde a principios do [[século IV]] o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]] mandou construír a gran basílica [[Vaticano|vaticana]]. Un texto da [[Primeira epístola de Sansan Pedro]] que envía saúdos dende "a Igrexa que está en [[Babilonia]]"<ref>Novo Testamento. 1Pedro 5:13</ref> interpretouse tamén moitas veces en sentido figurado, como sinal de que Pedro escribía dende [[Roma]]. En todo caso, é concluínte a evidencia de que, cando Paulo escribiu a súa [[Epístola aos romanos]], Pedro non se atopaba na cidade. O primeiro que menciona a Pedro como bispo de Roma é [[Ireneo de Lión]], xa no [[século II]].
 
[[Clemente Romano]], na súa carta aos [[corintios]], data a súa morte na época das persecucións de [[Nerón]]. O evanxeo de Xoán di que Pedro foi crucificado boca abaixo. [[Pedro de Alexandría]], que foi bispo desa cidade e faleceu en torno a [[311]], escribiu un tratado chamado ''Penitencia'' onde di: "Pedro, o primeiro dos apóstolos, sendo apresado a miúdo e encerrado en cadea e tratado con ignominia, foi finalmente crucificado en Roma". [[Oríxenes]] no seu ''Comentario ao libro da Xénese'' III, citado por [[Eusebio de Cesarea]], di que Pedro pediu ser crucificado cabeza abaixo por non considerarse digno de morrer do mesmo xeito que [[Xesús]]. O mesmo relata [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''Vidas de homes ilustres''. [[Flavio Xosefo]] relata que a práctica de crucificar criminais en posicións distintas era común entre os soldados.
 
== Pescuda dos restos ==
[[Ficheiro:San Pedro in Gallicantu.jpg|miniatura|Escultura na [[Igrexaigrexa de San Pedro in Gallicantu]], [[Xerusalén]], que representa o momento do canto do galo na noite do prendemento de [[Xesús]].]]
En [[1939]] o papa [[Pío XII, papa|Pío XII]] ordenou a escavación nos subterráneos do Vaticano para tratar de comprobar á tradición que naquel tempo se puña en dúbida: que o [[Vaticano]] era a auténtica tumba do apóstolo Pedro. As escavacións duraron ata [[1949]]. Atopouse unha [[necrópole]] que se estendía de oeste a leste en paralelo ao [[Circo de Nerón]]. A necrópole estaba asolagada de terra, posiblemente por ser a base da basílica primixenia. Atopáronse cinco monumentos, o máis antigo do século II. Incluíase unha parte dun edificio pegado a un muro revocado en vermello que servía de fondo para o máis antigo dos monumentos. Neste edificio pequeno acháronse unhas inscricións anteriores a Constantino, mostra da devoción dos fieis. Unha das inscricións sinalaba ''Petrus eni'' ("velaquí está Pedro"). Tamén se atopou un lugar onde debería estar a tumba pero non había nada. Pola evidencia dada, [[Pío XII]] suspendeu as escavacións e anunciou que se atopara a tumba de Pedro.
 
 
== Parroquias galegas ==
[[Ficheiro:Advocacións de San Pedro en Galicia.png|350 px|dereita|miniatura|Mapa coas advocacións de Sansan Pedro en Galicia, unha das máis numerosas.]]
San Pedro apóstolo é titular de 322 parroquias en Galicia, e patrón dos concellos de [[Melide]], [[Miño]], [[Muros]] e [[O Pino]] (na Coruña); [[Muras]] e [[Riotorto]] (en Lugo); [[Leiro]], [[Quintela de Leirado]] e [[Xunqueira de Ambía]] (en Ourense); e [[Agolada]], [[Crecente]] e [[Nigrán]] (en Pontevedra).
 
== Iconografía ==
[[Ficheiro:Lalín, Santiso, San Román 01-09.JPG|miniatura|250px|San Pedro (San Román de Santiso, Lalín).]]
[[Ficheiro:Vilagarcía, Cornazo 02-06r.jpg|miniatura|250px|San Pedro Papapapa (San Pedro de Cornazo, Vilagarcía de Arousa).]]
Na honra a Pedro, os [[Papa]]s da Igrexa Católica levan un anel coa imaxe do santo botando as redes ao mar, chamado o [[anel do Pescador]].
 
10.315

edicións