Metallica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
=== Ride The Lightning ===
Rematada a súa primeira xira europea, Metallica entraría o [[20 de febreiro]] nos Sweet Silence Studios de [[Copenhaguen]] para a gravación do seu segundo álbum, recaendo todo o peso da produción no Enxeñeiro residente Fleming Rasmussen, quen xa traballara anteriormente con pesos pesados como [[Mercyful Fate]] e [[Rainbow]]. O axustado orzamento do que Zazula dispuña converteuse no principal problema durante a gravación do álbum, que transcorreu a un ritmo frenético durante menos dun mes, quedando finalizada o [[14 de marzo]], e se vendo só interrompida polo fallidoerrado tour ''Hell On Earth'' xunto a [[The Rods]] e [[Exciter]], finalmente cancelado pola escasa venda de entradas. Con este novo traballo, Metallica tería que afrontar por primeira vez críticas provenientes dos seus propios fans debido á filtración de catro temas do álbum en forma de demo de traballo, concretamente ''Fight Fire With Fire'', ''Creeping Death'', ''Ride the Lightning'' e a experimental e instrumental ''When Hell Freezes Over'', primeiro nome da despois coñecida como ''The Call of Ktulu''. Á considerable evolución amosada nestes temas uníase o rumor latente de que o grupo estaba traballando nunha balada, o que provocou certo lea dentro do sector máis hardcore dos fans do grupo.
 
[[Ride the Lightning]], nome que recibiría finalmente o segundo álbum de Metallica, suporía todo un cambio no son da banda, que se internaba en terreos moito máis melódicos e sinfónicos. Os labores de composición contaron coa colaboración de Burton e Hammett, incluíndo este último certos riffs da súa época en [[Exodus]], como no caso de ''Creeping Death'', que no seu interludio tomaba o riff e a liña vogal do tema ''Die By His Hand''. O tema máis controvertido do álbum sería a balada de tinturas suicidas ''Fade to Black'', escrito por Hetfield inspirándose no roubo de equipo que a banda sufriu o [[14 de xaneiro]] daquel mesmo ano <ref>Encyclopedia Metallica - Song Info, Fade to Black: http://www.encycmet.com/songs/srfade2b.shtml</ref>, e visto por certa parte dos primeiros seguidores como unha traizón por parte da banda, á que atilaron abertamente como "vendidos".