Diferenzas entre revisións de «Williamina Fleming»

m
→‎Traxectoria: Nova (astronomía)
m (Arranxos varios using AWB)
m (→‎Traxectoria: Nova (astronomía))
En [[1881]], Pickering ofreceulle a Fleming un emprego temporal no observatorio para facer tarefas rutinarias de oficina e algúns cálculos matemáticos, e axiña pasou a ser membro permanente do persoal de investigación. Puxérona a cargo de decenas de mulleres novas, que foron empregadas para facer cálculos matemáticos, proceso que na actualidade fan as computadoras, e dirixíaas cunha disciplina implacable, sendo temida e admirada a partes iguais. Ademais, corrixiu todos os orixinais das publicacións do observatorio. Axudou a elaborar un sistema de asignación de estrelas, que basicamente consistía en asignar unha letra, que dependía da cantidade do [[hidróxeno]] observado no seu [[espectro atómico|espectro]]. As estrelas clasificadas coa letra A estaban formadas por hidróxeno case na súa totalidade, as clasificadas coa letra B contiñan menos hidróxeno, e así sucesivamente. Este sistema serviulle a [[Annie Jump Cannon]] como base de traballo, que foi mellorado desenvolver unha clasificación baseada na [[temperatura]]. Nos seguintes 30 anos da súa vida, colaborou na análise fotográfica de espectros estelares.
 
Fleming contribuíu na confección do [[catálogo Henry Draper]], e nun período de nove anos catalogou máis de 10.000 estrelas. Nese tempo tamén descubriu 59 [[nebulosa]]s gasosas, 310 [[estrela variable|estrelas variables]], e 10 [[novaNova (astronomía)|novas]]s. Tamén estableceu os primeiros estándares fotográficos de magnitude usados para medir o brillo das estrelas variables. En [[1907]] publicou un listado con 222 estrellas variables descubertas por ela, e en [[1910]] descubriu propiedades dos espectros das [[anana branca|ananas brancas]], estrelas moi densas e moi quentes.
 
En [[1888]] Fleming descubriu a [[nebulosa Cabeza de Cabalo]]. William Pickering, que tomou a fotografía, especulou con que naquel lugar houbese [[materia escura]] oculta. Nos artigos e libros seguintes Williamina Fleming non aparece nos créditos, xa que [[John Dreyer]], o principal encargado de recompilar información para o primeiro [[Catálogo Índice]], eliminou o seu nome da lista de obxectos que descubriron, atribuíndo todas as achegas a Pickering. Porén, no segundo Catálogo Índice de [[1908]], Fleming recibiu os créditos que lle correspondían.
104.746

edicións