Abrir o menú principal

Cambios

=== Reaccións de adición ===
 
Os alquenos reaccionan en moitas [[reacción de adición|reaccións de adición]], que se producen pola apertura do dobre enlace. A maioría destas reaccións de adición seguen o mecanismo de [[adición electrofílica]]. Exemplos son a [[hidrohaloxenación]], [[haloxenación]], [[formación de halohidrina]], [[oximercuriaciónoximercuración]], [[reacción de hidroboración–oxidación|hidroboración]], [[adición de diclorocarbeno]], [[reacción de Simmons-Smith]], [[hidroxenación catalítica]], [[epoxidación]], [[polimerización de radicais]] e [[hidroxilación]].
:[[Ficheiro:Ear.png|400px|alt=Adición electrofílica|Adición electrofílica de X–Y a un alqueno.]]
 
==== Hidroxenación ====
 
A [[hidroxenación]] de alquenos produce os correspondentes [[alcano]]s. A reacción é levada a cabo baixo presión a temperaturas de 200 °C en presenza dun [[catalizador]] metálico. Os catalizadores industriais comúns están baseados no [[platino]], [[níquel]] ou [[paladio]]. Para a síntese de laboratorio, emprégase con frecuencia o [[níquel de Raney]] (unha [[aliaxe]] de níquel e aluminio). O exemplo máis simple desta reacción é a hidroxenación catalítica de [[etileno]] para render [[etano]]:
:CH<sub>2</sub>=CH<sub>2</sub> + H<sub>2</sub> → CH<sub>3</sub>–CH<sub>3</sub>
 
172.901

edicións