Anarquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 108:
A medida que o tecido industrial vaise desenvolvendo e aumenta a clase obreira industrial, os propios mutualistas, tendo en conta a Organización do Traballo que se vai desenvolvendo, e mailo fracaso das propostas máis "utópicas", van adoptando o [[anarquismo colectivista|colectivismo]]. En realidade, ambos teñen en común a referencia do Valor-Traballo, do que seguen aspirando á súa xusta retribución xa sexa a individuos ou a colectivos. O principal teórico do colectivismo foi [[Mikhail Bakunin]], convertido nun dos máis coñecidos dentro e fóra do anarquismo.
 
Cara a mediados do [[século XIX]] os principios anarquistas expandíronse por [[Europa]] dunha forma significativa, sendo representados na [[Primeira Internacional]], creada en 1864. Uns anos máis tarde, en 1872, tiveron lugar as primeiras grandes discusións na devandita organización entre [[Karl Marx]] e [[Mikhail Bakunin]]. Os motivos, entre outros moitos, foron a división de opinións verbo da forma de organización e o alcance da autoridade da Internacional, e o conflito entre a ditadura do proletariado proposta por Marx e a inmediata destrución do estado que defendía Bakunin. Estas discusións remataron propiciando o distanciamento entre [[anarquismo|anarquistas]] e [[marxismo|anarquistas e marxistas]], que levou á saída dos anarquistas da devandita organización. Coas fortes emigracións europeas cara aos países [[América|americanos]], o anarquismo expandiuse tamén por ese continente.
 
=== 1871 - 1900: Xurdimento e evolución do anarcocomunismo ===