Anarquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 97:
A primeira oposición á [[revolución industrial]] foron os [[Luddismo|ludditas]], movemento obreiro de carácter [[espontaneísmo|espontáneo]] dirixido á destrución das máquinas que naquel momento levaban á miseria os artesáns. O seu auxe sitúase na Inglaterra de 1811 a 1816 estendéndose posteriormente por toda Europa, sendo a partir de 1817 o precursor dos primeiros [[sindicato]]s obreiros. A táctica da [[sabotaxe]] permanecería no movemento obreiro, así como o seu ideario segue vixente en pensamentos coma o [[Primitivismo|primitivista]].
 
Dentro dos pensadores e activistas agrupados dentro do termo [[socialismo utópico]] destaca como antecedente libertario o pensamento de [[Charles Fourier]]. Este propuña unha organización política baseada no que el chamou [[falansterio]]s as cales eran comunidades enlazadas entre si en forma descentralizada. Por outro lado asemade que criticaba a divisiondivisión do traballo dentro dos esquemas do feudalismo e do capitalismo así como tamén a moral cristiá, propuña unha orde social baseada no exercicio pleno da subxectividade.
 
[[Ficheiro:Pierre Joseph Proudhon.jpg|100px|miniatura|dereita|[[Pierre Joseph Proudhon]].]]