Wikipedia:O que a Wikipedia non é: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 20:
A Wikipedia non é un dicionario nin unha guía de uso ou guía de xergas. Os artigos da Wikipedia non son:
# '''Definicións.''' Aínda que o mellor xeito de comezar un artigo sexa cunha boa definición e descrición do tema que vai abordar, tamén deben achegar outro tipo de información sobre o tema. Os artigos que non contan con máis ca unha definición teñen que se ampliar con contidos enciclopédicos adicionais máis aló dunha simple definición. Se non poden expandirse máis, a Wikipedia non é lugar para eles. O proxecto irmán que ''si'' é un dicionario é o [[wikt:|Galizionario]]; as definicións de dicionario da Galipedia deben [[Wikipedia:Mover ao Galizionario|trasladarse alí]].
# '''Entradas de dicionario.''' Os artigos da enciclopedia son sobre unha persoa ou un grupo, un concepto, un lugar, unha cousa, un acontecemento etc. Nalgunhas ocasións, unha palabra ou frase pode ser un tema enciclopédico en si mesmo, mais non é o habitual. Por norma xeral os artigos non conteñen máis dunha definición ou uso distintivo sobre o título do artigo, desenvolvendo únicamenteunicamente a temática principal que representa o mesmo.
# '''Guías de uso, idiomáticas ou explicacións de xergas.''' Mentres que os artigos descritivos sobre linguas, dialectos ou tipos de xergas son aceptables, as guías descritivas para os posibles falantes das mesmas non son axeitadas, xa que a Wikipedia non é un [[WP:NON#MANUAL|manual de uso]]. O proxecto irmán que ''si'' contén guías é o [[b:|Galilibros]]; os libros e guías de uso deben [[Wikipedia:Mover aos Galilibros|trasladarse alí]].