Atmosfera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xúpiter: arranxiño
m →‎Marte: arranxiño
Liña 30:
[[Ficheiro:Mars atmosphere.jpg|miniatura|esquerda|150px|A tenue atmosfera de Marte.]]
{{Artigo principal|Atmosfera de Marte}}
A atmosfera de [[Marte (planeta)|Marte]] é moi tenue, cunha presión superficial de só 7 a 9 [[Pascal (unidade)|hPa]] fronte aos 1013 hPa da atmosfera terrestre, é dicir, unha centésima parte da terrestre. A presión atmosférica varía considerablemente coa altitude, desde case 9 hPa nas depresións máis profundas, até 1 hPa na cima do [[Monte Olimpo (Marte)|Monte Olimpo]]. Está composta fundamentalmente de dióxido de carbono (95,3%) cun 2,7% de nitróxeno, un 1,6% de argon e trazas de [[osíxeno molecular]] (0,15%), monóxido de carbono (0,07%) e vapor de auga (0,03%).
 
A atmosfera é o bastante densa como para albergar [[vento]]s e [[Tormenta de po|tormentas de po]] que, en ocasións, poden abarcar o planeta enteiro durante meses. Este vento é o responsable da existencia de [[duna]]s de area nos [[deserto]]s marcianos. A bóveda celeste marciana é dunha suave cor rosa salmón debido á dispersión da luz polos grans de po moi finos procedentes do chan ferroso. A diferenza da Terra, ningunha capa de ozono bloquea a radiación ultravioleta. Hai nubes en moita menor cantidade que na Terra e son de vapor de auga ou de dióxido de carbono en latitudes polares.