Diferenzas entre revisións de «An Education»

m
ligazóns
m (ligazóns)
'''''An Education''''' (en galego: '''''Unha educación''''') é unha [[Filme|película]] [[Gran Bretaña|británica]] de [[2009]] dirixida por Lone Scherfig. O guión, escrito por [[Nick Hornby]], está baseado nun artigo autobiográfico que a xornalista británica Lynn Barber publicou na revista literaria ''Granta.'' A historia desenvólvese no Londres de comezos dos 60 e narra a relación amorosa entre Jenny ([[Carey Mulligan]]), unha estudante que planea ir á [[Universidade de Oxford]], e David ([[Peter Sarsgaard]]), un home uns vinte anos maior ca ela.
 
O filme estreouse o [[19 de xaneiro]] de 2009 no [[Festival de Cine de Sundance]].
 
== Argumento ==
Jenny decátase de que David e Danny rouban cousas de casas en venda. Tamén descobre que David gaña diñeiro por trasladar familias negras a pisos preto de mulleres maiores que teñen medo deles, para así poder comprar os pisos que elas deixan baratos. Ante a descuberta disto, Jenny arrepíase e ameaza con terminar a relación, pero ao final atopa a súa nova vida tan apaixonante que mira máis aló deste lado máis escuro.
 
Despois de ver bailar a Jenny con Danny e preocupado ao ver que Jenny pode interesarlle a outro home, David proponlle matrimonio de camiño a Jenny. O seu pai está de acordo co compromiso e Jenny abandona a escola sen rematar o [[bacharelato]]; a Helen parece gustarlle pero a Danny non moito, e David promete mantelo afastado para evitar que Danny lle quite a Jenny. Buscando cigarros no caixón do coche de David, Jenny atopa unha chea de cartas dirixidas ao "Sr. e a Sra. David Goldman". Como David non dá a cara, tócalle a Jenny contarlles aos seus pais que xa está casado. A directora négase a permitir que repita o último ano da escola, polo que Jenny vai á casa da súa mestra favorita, que a axuda a pasar o bacharelato. Finalmente é aceptada para estudar Literatura Inglesa en [[Oxford]], que era o que desexaba antes de coñecer a David.
 
A escena final amósaa montada en [[bicicleta]] polas rúas de Oxford con outro estudante, quizais o seu novo noivo. Jenny narra de fondo: "Así que fun a ler libros ingleses, e fixen o posible para evitar o destino de lentes e grans que Helen auguraba. ''Probablemente me vise tan nova, inxenua e fascinada como calquera outro estudante... Pero non o era. Un dos mozos cos que saín, e realmente eran mozos, convidoume unha vez a ir con el a París. E eu díxenlle que me encantaría. Morría por ver París. Coma se nunca estivese!".''
* [[Rosamund Pike]] é Helen, a noiva de Danny.
* [[Emma Thompson]] é Miss Walters, a directora da escola.
* [[Olivia Williams]] é Miss Stubbs, profesora.
* [[Alfred Molina]] é Jack Mellor, pai de Jenny.
* Cara Seymour é Marjorie Mellor, nai de Jenny.
 
=== [[Premios Oscar]] ===
{| class="" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" border="1" cellpadding="4" cellspacing="0"
 
! '''Ano'''
 
=== Premios BAFTA ===
{| class="" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" border="1" cellpadding="4" cellspacing="0"
 
! '''Ano'''
 
=== [[Premios Globo de Ouro|Globos de Ouro]] ===
{| class="" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" border="1" cellpadding="4" cellspacing="0"
 
! '''Ano'''
 
=== [[Premio do Sindicato de Actores|Premios do Sindicato de Actores]] ===
{| class="" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" border="1" cellpadding="4" cellspacing="0"
 
! '''Ano'''
17.923

edicións