Historia do Sáhara Occidental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Colonia española: xurde > xorde
Liña 11:
A medida que avanza a colonización a sociedade saharaui sofre unha profunda transformación, desaparecen as distincións entre as tribos guerreiras e as tributarias, todas pasan a depender da autoridade colonial, foméntase a incorporación ao exército español entre a poboación nativa, as organizacións políticas tradicionais como a yemaa e os chiuj perden as súas atribucións orixinais. A colonización española transformou tamén a economía local cos chegada de españois ás cidades e como parte das forzas armadas e polo comezo da industrialización logo do descubrimento das minas de [[fósfato]] de Bu Cra en 1963 que levará a sedentarización da poboación e que en 1974 só o 17% da poboación fora nómade.
 
En [[1966]] a Asemblea Xeral da [[ONU]], coa oposición de España, aprobou a resolución 2.229 na que demandaba a realización dun referendo no Sahara Occidental para permitir o dereito á autodeterminación á poboación local. Idénticas resolucións sucédense en anos seguintes. A partir de 1967 xurdexorde a primeira organización nacionalista, liderada por [[Mohamed Bassir]], que foi desmantelada polas autoridades españolas en 1970.
 
En [[1973]] formouse a [[Fronte Polisario]], que mediante unha loita de guerrillas persegue a independencia do territorio. As autoridades españolas organizaron o [[Partido da Unión Nacional Saharauí]] (PUNS) para contrarrestar a actividade da Polisario con escaso éxito entre a poboación nativa.