Primeira división española de fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 239:
 
=== Século XXI ===
[[File:Deportivobarcelona.jpg|thumb|right|300px|Partido disputado entre o [[Deportivo da Coruña]] e o [[FC Barcelona]] na tempada 2016-17.]]
Cando a Primeira División entrou no novo século, os dous grandes tiveron que afrontar novos retos. Entre [[1993]] e [[2004]], o [[Deportivo da Coruña]] rematou entre os tres primeiros en dez ocasións, unha marca mellor que calquera [[Real Madrid]] ou [[FC Barcelona|Barcelona]], e en [[Primeira división española 1999/00|2000]], con [[Javier Irureta]] como adestrador, convertiuse no noveno equipo en ser campión. O [[Real Madrid]] gañou dous títulos de Liga en [[Primeira división española 2000/01|2001]] e [[Primeira división española 2002/03|2003]] e tamén a final da [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] en [[2000]] e [[2002]], e gañou o seu terceiro título de liga en [[Primeira división española 2006/07|2007]], tras unha seca de tres anos. O equipo branco atopou no [[Valencia CF|Valencia]] ao seu máximo competidor nas dúas competicións. Baixo a dirección de [[Héctor Cúper]], o [[Valencia CF|Valencia]] chegou á final da [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] en [[2000]] e [[2001]]. O seu sucesor, [[Rafael Benítez]], levou ao club ao título de Liga en [[Primeira división española 2001/02|2002]] e a facer un dobrete de Liga e [[Copa da UEFA]] en [[Primeira división española 2003/04|2004]]. A tempada [[Primeira división española 2004/05|2004-05]] viu un rexurdimento do [[FC Barcelona]] con [[Ronaldinho]] gañando a primeira liga da década, seguida dun dobrete de Liga e [[Liga de Campións da UEFA|Champions]] en [[Primeira división española 2005/06|2005-06]]. O [[Real Madrid]] gañou a liga nas tempadas [[Primeira división española 2006/07|2006-07]] e [[Primeira división española 2007/08|2007-08]], na que o [[Villarreal CF|Villarreal]] foi subcampión. O [[FC Barcelona|Barcelona]] gañou novamente a liga na tempada [[Primeira división española 2008/09|2008-09]], na que tamén conseguiu o resto de copas, sendo o primeiro equipo da historia en gañar tódalas competicións nun mesmo ano. Na tempada [[Primeira división española 2009/10|2009-10]] gañou a súa 20ª liga cunha marca histórica de 99 puntos, e na tempada seguinte volveu repetir, sendo a terceira liga consecutiva para os blaugranas. Na tempada [[Primeira división española 2011/12|2011-12]], o [[Real Madrid]] gañou a liga con 100 puntos, superando o récord conseguido polo Barça a tempada anterior. Na tempada [[Primeira división española 2012/13|2012-13]], o [[FC Barcelona]] gaña novamente a liga igualando os 100 puntos do equipo madrileño da tempada anterior.